A bandeira do Estado Shan é a bandeira étnica que representa ao pobo shan e ó Estado Shan, unha das divisións administrativas de Myanmar. Foi adoptada como unha das disposicións do Acordo de Panglong asinado o 12 de febreiro de 1947, o cal foi un dos pasos máis importantes cara á independencia de Myanmar.
A bandeira componse de franxas horizontais de cor amarela, verde e vermella, cun círculo branco no centro. O amarelo representa o budismo, que é practicado pola maioría do pobo shan, o verde representa a rica agricultura do Estado Shan, o vermello representa a valentía do pobo shan e o círculo branco representa a lúa, que simboliza as esperanzas de paz e estabilidade do pobo shan. Outras interpretacións suxiren que o amarelo representa a cor dunha túnica de monxe ou un campo de arroz durante a colleita.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Myanmar Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Myanmar Categoría:Bandeiras introducidas en 1947