A Horda de Ouro, autodenominada como Ulug Ulus, lit. 'Grande Estado' en turco, foi un khanato orixinalmente mongol, e despois turquificado, que se estabeleceu no século XIII e deu orixe ao sector máis occidental do Imperio Mongol. Coa división do Imperio Mongol en 1259 converteuse nun khanato funcionalmente separado. Tamén é coñecido como o Khanato Kipchak ou como o Ulus de Jochi.
Despois da morte de Batu Khan (o fundador da Horda de Ouro) en 1255, a súa dinastía floreceu durante todo un século, até 1359, aínda que as intrigas de Nogai provocaron unha guerra civil parcial a finais da década de 1290. O poder militar da Horda alcanzou o seu máximo durante o reinado de Uzbeg Khan (1312–1341), quen se converteu ao islam. O territorio da Horda de Ouro no seu cumio estendíase dende Siberia e Asia Central até Europa Oriental dende os Urais até o Danubio polo leste, e dende o mar Negro até o mar Caspio polo sur, mentres limita coas montañas do Cáucaso e os territorios da dinastía mongol coñecida como Ilkanato.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
online
Categoría:Khanatos Categoría:Imperios musulmáns Categoría:Estados da Idade Media