Acontecementos África Batalla de Mamora - Expedición portuguesa enviada por Manuel I coa misión de construír en Mamora e Anafé, na costa de Marrocos (preto da actual Casablanca), dúas fortalezas. O exército e a frota portuguesa son destruídos polos marroquinos. As perdas portuguesas son elevadísimas: 4.000 homes mortos, 100 barcos perdidos, e os prisioneiros vendidos como escravos.
América Moctezuma II, emperador azteca, emprende unha campaña contra os zapotecos, aos que vence, saqueando as súas terras.
Asia Xuño - O sultán Selim I do Imperio Otomán invade Persia. 23 de agosto - Batalla de Chaldiran. Selim I vence o exército persa do xa Ismail I. 5 de setembro - Selim captura a capital persa, Tabriz sen atopar resistencia, pero non pode mantela. O Imperio Otomán conquista o Kurdistán. Os portugueses toman Ormuz, na boca do golfo Pérsico.
América O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda A Habana, en Cuba. Juan Dïaz de Solís explora o río da Prata.
Europa 1 de xaneiro, Francia: O rei Francisco I sucede no trono a Lois XII por falta de descendencia. 13 de setembro - 14 de setembro - Batalla de Marignano - O exército de Francisco I de Francia vence ós suízos, grazas á oportuna chegada da armada veneciana. Francisco I recupera o control de Milán. 15 de novembro - O papa León X crea cardeal a Thomas Wolsey. 24 de decembro - Thomas Wolsey é nomeado Chanceller de Inglaterra. Suecia declárase independente.
Arte e cultura Fúndase a escola de Manchester de gramática. Durero grava o Rinoceronte. Miguelanxo esculpe o Moisés. miniatura|dereita|200px|Rhinoceronte, Albrecht Dürer, 1515.
Nacementos 15 de marzo - Tareixa de Ávila, mística, reformadora relixiosa e escritora castelá (m. 1582). 22 de setembro - Ana de Cleves, cuarta esposa de Henrique VIII de Inglaterra. Sebastián Castellio nace en Dauphine. Colocolo, xefe mapuche (m. 1561).
Mortes 2 de decembro, morre en Loja (provincia de Granada), Gonzalo Fernández de Córdoba, coñecido coma O Gran Capitán. (n. 1453) 16 de decembro - Afonso de Albuquerque, vicerrei portugués da India, falecido en Goa (n. 1453).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1515