Carlos Núñez Rodríguez, nado en Ourense o 2 de agosto de 1941, é un publicista, deseñador e escritor galego.

Traxectoria Fillo do mestre Albino Núñez Domínguez. Militante do Partido Comunista de España, pertenceu ao seu comité central na clandestinidade, e logo da constitución do Partido Comunista de Galicia en 1968, tamén pertenceu ao seu comité central ata a súa legalización. Foi detido en varias ocasións, en tres delas pasou polo Tribunal de Orde Pública, e estivo un ano preso en Palencia, noutra ocasión catro meses en prisión e na última un mes. En 1972 o partido trasladouno a Italia e despois estivo en París. Coa legalización do PCE retornou a Vigo. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PCG á alcaldía de Vigo,"Carlos Núñez, del P.C.G. a la alcaldía", El Pueblo Gallego, 11-2-1979, p. 10. que obtivo tres concelleiros. Volveu ser elixido concelleiro, agora en solitario nas eleccións municipais de 1983. Membro do Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Gutenberg Mainz (Alemaña) e da Asociation Paleographique International (París). Formou parte de varios xurados de artes plásticas e visuais.

Obras Vigo a través da Historia (1996) Entra hoy en el Vigo de ayer (s. XVIII) (1998) Un día dentro de las murallas de Pontevedra (s. XVIII) (1999) Ó pé da Letra: A istoria da tipografía galega (2000) Entra hoy en el Ourense de ayer (s. XVIII) (2000) El Mundo del Área Metropolitana de Vigo (2000) Alfabetos Gallaecia Castelo e Gótica galega (2001) Diccionario Histórico de la Escritura y de las Artes e Industrias Gráficas (2015) Vigo metropolitano na Galicia céltica (2017)

Vida persoal

Casou con María Jesús Muñoz, é pai de Carlos Núñez Muñoz. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha do autor en Xerais "En París sabía de memoria las firmas de muchos comisarios para su falsificación", entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos do PCG Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1941