A bandeira de Sark é un dos símbolos da illa de Sark. Componse dun fondo branco coa cruz de San Xurxo vermella e un cantón vermello que contén os dous leóns amarelos (ou en termos heráldicos "leopardos") da bandeira de Normandía. A diferenza dos clásicos estandartes brancos, os leóns da bandeira de Sark sobresaen fóra do cantón e desbordan a cruz vermella.

Foi deseñada por Herbert Pitt en 1938 e foi adoptada ese mesmo ano como estandarte persoal do Señor de Sark antes de converterse na bandeira da illa en 1987. O cantón é semellante ás armas de Normandía, da que historicamente forman parte as Illas da Canle.

miniatura|Bandeiras de Sark nas fiestras dunha tenda.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Guernsey Bandeira de Jersey Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras do Reino Unido Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras con animais