A selenometionina (SeMet) é un aminoácido natural. O enantiómero L L-selenometionina é a principal forma de selenio que se encontra nas noces do Brasil, cereais, soia, e legumes de pradeira, mentres que a Se-metilselenocisteína, ou o seu derivado γ-glutamil, é a principal forma de selenio atopada en plantas das especies de Astragalus, Allium e Brassica. In vivo, a selenometionina incorpórase aleatoriamente en lugar da metionina. A selenometionina é rapidamente oxidada.
A actividade antioxidante da selenometionina débese á súa capacidade de facer diminuír as especies reactivas do oxíxeno. O selenio e a metionina tamén xogan papeis na formación e reciclaxe do glutatión, un antioxídante endóxeno clave en moitos organismos, incluíndo os humanos.
Aspectos de química de substitución
O selenio e o xofre son calcóxenos que comparten moitas propiedades químicas, polo que a substitución da metionina por seleniometionina adoita ter só un limitado efecto sobre a estrutura da proteína e a súa función. Porén, a incorporación da selenometionina en proteínas dos tecidos e na queratina no gando vacún, aves e peixes causa a enfermidade dos álcalis.
A enfermidade dos álcalis caracterízase por gran delgadez, perda de pelo, deformación e desprendemento das pesuñas, perda de vitalidade e erosión das articulacións dos ósos longos.
A incorporación da selenometionina en proteínas en lugar da metionina axuda a dilucidar a estrutura de proteínas por cristalografía de raios X usando difracción anómala dunha soa lonxitude de onda ou de múltiples lonxitudes de onda (SAD ou MAD polas súas siglas en inglés). A incorporación de átomos pesados como o selenio axuda a resolver o problema da fase en cristalografía de raios X.
Inxesta na dieta
A seleniometionina está dispoñible como suplemento dietético. Algúns nutricionistas teñen suxerido que a selenomietionina, como forma orgánica de selenio, é máis fácil de absorber polo corpo humano que a selenita, que é unha forma inorgánica. Determinouse por ensaios cñinicos que a selenometionina se absorbía un 19% mellor que a selenita.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selenocisteína, outro aminoácido que contén selenio, pero que é incorporado en localizacións específicas de proteínas específicas como indique o código xenético. Selenoproteína Canadian Reference Material de selenometionina
Ligazóns externas arquivo de PDB para a MSE Entradas de PDB que conteñen Het Group MSE
Categoría:Aminoácidos Categoría:Compostos de organoselenio