Mou gaan dou (en ) é un filme de Hong Kong de 2002 dirixido por Andrew Lau e Alan Mak. Foi escrito conxuntamente entre Mak e Felix Chong, e está protagonizado por Andy Lau, Tony Leung, Anthony Wong, Eric Tsang, Sammi Cheng e Kelly Chen. Conta a historia dun oficial de policía encuberto de Hong Kong que se infiltra nunha organización criminal, e dun policía que serve de espía para a organización. É o primeiro filme da serie Mou gaan dou, seguida por Mou gaan dou II e Mou gaan dou III.

O filme estreouse o 3 de agosto de 2001. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 76ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Miramax Films adquiriu os dereitos de distribución nos Estados Unidos e estreouno nos cinemas do país en 2004. Martin Scorsese fixo un remake en 2006 titulado Infiltrados, o cal gañou o Óscar ó mellor filme así como o Óscar ó mellor guión adaptado.

Personaxes Andy Lau como Inspector Lau Kin-ming Edison Chen como Lau Kin-ming de mozo Tony Leung como Chan Wing-yan Shawn Yue como Chan Wing-yan de mozo Anthony Wong como Superintendente Wong Chi-shing Eric Tsang como Hon Sam Chapman To como "Silly" Keung Gordon Lam como Inspector B Sammi Cheng como Mary Kelly Chen como Lee Sum-yee Berg Ng como Inspector Cheung Wan Chi-keung como oficial Leung Dion Lam como Del Piero Elva Hsiao como May Hui Kam-Fung como Yip

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 76ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Andrew Lau Categoría:Filmes dirixidos por Alan Mak Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes rodados en Hong Kong