Daap hyut cam mui (en ) é un filme de Hong Kong de 2015 escrito, editado e dirixido por Philip Yung e protagonizado por Aaron Kwok como un veterano detective de policía que resolve un misterio de asasinato con métodos pouco habituais para demostrar a súa crenza na virtude na natureza humana. O filme baséase nun caso de asasinato real onde se atopou un cadáver desmembrado dunha prostituta de 16 anos asasinada en Hong Kong en 2008. Daap hyut cam mui foi o filme que pechou a 39ª edición do Festival Internacional de Cinema de Hong Kong o 6 de abril de 2015.
Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes
Aaron Kwok como Detective Chong Elaine Jin como May Patrick Tam como Smoky Jessie Li como Wong Kai-mui/Wang Jiamei Michael Ning como Ting Chi-chung Jackie Cai como Mo-yung Maggie Shiu como Superintendent Law Eddie Chan como Policeman Hatou Yeung como Flora Ellen Li como Wang Jiali Don Li Ronny Yuen como Hoi Tam Ping-man como padrasto de Wong Kai-mui Noel Leung como Seung Tai Bo como pai de Wong Kai-mui Chan Lai-wan
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong