Mary Lua Adelia Davis Treat, nada o 7 de setembro de 1830 en Trumansburg, Nova York e finada o 11 de abril de 1923 en Pembroke, Nova York,Lorrain Abbiate Carruso & Terry Kohn, Mary Lua Adelia Davis Treat 1830-1923, p. 199-201 of Past and promise: Lives of New Jersey women, First Cyracuse University Press, 1997. foi unha naturalista e correspondente de Charles Darwin. As contribucións de Treat tanto á botánica como á entomoloxía foron amplas: catro especies de plantas e animais levan o seu epónimo, incluíndo unha amaryllis, Zephyranthes treatae , e unha especie de formiga, Aphaenogaster treatae.
Traxectoria Nada nunha familia de clase media, creceu principalmente en Ohio, onde asistiu a escolas públicas e privadas de nenas. Davis casou, en 1863, co doutor Joseph Burrell Treat, abolicionista e profesor; viviron en Iowa, e en 1868 mudáronse a Vineland, Nova Jersey.
Carreira e investigacións miniatura|278x278px| Drosera anglica cunha presa. Despois de mudarse a Nova Jersey, Treat comezou estudos científicos; e colaborou co seu marido en artigos e investigacións sobre entomoloxía. O primeiro artigo científico de Treat publicouse en "The American Entomologist" cando tiña 39 anos. E, durante 28 anos, escribiu 76 artigos científicos e divulgativos, ademais de cinco libros. A súa investigación expandiuse rapidamente desde a entomoloxía ata a ornitoloxía e a botánica, detallando a vida de aves e plantas no sur de Nova Jersey. En 1874, despois da súa separación do seu marido, Treat mantívose publicando artigos de divulgación científica en revistas como Harpers and Queen. A partir de 1870, publicou artigos naturalistas populares en Garden and Forest, Hearth and Home, Harper's e Lippincott's.
O seu texto, Injurious Insects of the Farm and Field, publicado orixinalmente en 1882, foi reimpreso cinco veces. Coleccionou plantas e insectos para outros investigadores, un dos cales foi o eminente botánico de Harvard, Asa Gray. Foi Gray quen a presentou a Charles Darwin. Treat escribiu notas para conferencias botánicas e entomolóxicas, non só para Darwin e Gray, senón tamén para Auguste Forel e Gustav Mayr. Viaxou varias veces a Florida entre 1876 e 1878 para investigar máis plantas insectívoras. Nunha desas viaxes, descubriu o lirio Zephyranthes treatae (que recibiu o seu nome por Sereno Watson) e descubriu que outro lirio non estaba extinguido.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Mary Davis Treat y Charles Darwin: vínculos epistolares entre plantas maravillosas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América