O músculo pectíneo (musculus pectineus), é un músculo forte, plano e cuadrangular da perna, en forma de pente; de aí o seu nome. Atópase ao nivel da ingua, e esténdese dende o óso coxal até o fémur, tanto en humanos como noutros animais mamíferos, como os cans por exemplo.Carlos López Plana, Manuel López Béjar. Departament de Sanitat i d'Anatomia Animals. Facultade de Veterinaria. Universitat Autònoma de Barcelona.
Xunto cos músculos adutores da perna (adutor maior, longo e curto) moven a coxa de fóra para dentro nun movemento chamado adución. Son músculos que permiten o movemento de cruzar a perna sobre a outra.
Insercións As insercións superiores ou posteriores trazan unha liña lixeiramente horizontal, desde a columna pubiana, a través da crista da pectina e o ligamento pectíneo por riba da crista, despois o labio anterior do suco obturador e a cara profunda da fascia que cobre este músculo.
A inserción inferior realízase na liña de trifurcación medial da liña rugosa do fémur,Universidad de Granada por debaixo do trocánter menor, na chamada liña de pectina do fémur.
Innervación e irrigación A innervación é por unha rama muscular do nervio femoral (nervio musculocutáneo interno) (L2, L3), e ocasionalmente polo nervio obturador.
A súa irrigación arterial provén da arteria obturadora, unha rama da arteria ilíaca interna.
Imaxes
Diseccións onde se pode observar o músculo pectíneo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mioloxía
Ligazóns externas Pect Páxina de Anatomía da universidade LUC
Categoría:Musculatura