Juan García Moreno, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1893 e finado en Cidade de México o 20 de maio de 1941, foi un avogado e funcionario galego.

Traxectoria

Avogado e funcionario do Estado. Traballou no Ministerio de Agricultura en Madrid. Membro da UGT e afiliado a Izquierda Republicana en Madrid. Foi vogal da Comisión Fiscal de Contas de IR e secretario do gobernador civil de Badaxoz na Segunda República. Durante a guerra civil foi vicepresidente da Fronte Popular do Instituto de Reforma Agraria. Coa derrota da República exiliouse en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño. Trasladouse a Cidade de México.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Finou en Cidade de México en 1941.Junta de Auxilio a los republicanos españoles (JARE) Libros de actas (1939‐42)

Vida persoal

Casou con Violeta Castells Vela e foi pai de Luisa García Castells. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1941