Ramiro Losada Rodríguez, nado en Rubiá o 22 de maio de 1910 e finado en Ciudad Mante (México) o 1 de abril de 1991, foi un militar e político galego.

Traxectoria Construtor e capataz de Obras Públicas. Estivo emigrado en Cuba e ao regreso traballou nas obras de construción dos ferrocarrís A Coruña-Zamora. Foi inspector de obras na comarca de Valdeorras. Foi presidente da Federación Campesina do Barco de Valdeorras e do ramo da Construción en Ourense. Militante do Partido Comunista de España e afiliado á UGT. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 foi condenado a morte en consello de guerra en rebeldía, por estar fuxido.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e actuou como guerrilleiro ata outubro en que pasou a Asturias onde combatiu no Batallón Galicia do que foi comisario. Coa caída de Asturias en outubro de 1937 volveu a Valdeorras e organizou un grupo guerrilleiro. Conseguiu embarcar cara á zona republicana a finais de 1938, chegando a Barcelona o 2 de xaneiro de 1939, pouco antes da entrada dos sublevados. Formou parte do V Cuerpo de ejército como sarxento e comisario. Coa caída de Cataluña cruzou a fronteira por Le Perthus o 9 de febreiro e pasou a Francia. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien e despois en París e Le Havre desde onde solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. Después instalouse en Perpiñán e o 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 7-11-1941, p. 4082. En México trabalou como empregado de comercio e dedicouse á construción. Vida persoal Casou en Ourense con Áurea González Gómez, e foi pai de Enrique Losada González (31 de outubro de 1934 - 10 de decembro de 2007) e Tomás Losada González, nado en 1936.

No exilio, en Ciudad Mante, Tamaulipas, coñeceu a súa segunda muller, Aurora Domínguez Rodríguez. Deste matrimonio naceron catro fillos máis, Leonardo Ramiro (31 de agosto de 1952), Aurora (9 de xullo de 1956), Josefina (19 de agosto de 1958) e Luz María (10 de xuño de 1964 - 9 de decembro de 2021).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A Ciudad de la Selva na documentación escrita (II): os primeiros grupos de fuxidos na bisbarra

Categoría:Galegos de Cuba

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos de México

Categoría:Nados en Rubiá Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1991