Marie Majerová, nada en Úvaly o 1 de febreiro de 1882 e finada en Praga o 16 de xaneiro de 1967, foi unha escritora e xornalista checoslovaca, proclamada artista nacional en 1947.

Traxectoria Simpatizante das ideas anarquistas na súa xuventude, foi membro da socialdemocracia checa e ingresou no Partido Comunista de Checoslovaquia en 1921 e foi redactora do seu órgano central, o Rudé Právo.

A súa obra máis coñecida é a novela Siréna (serea) publicada en 1935, onde narra en clave de loita de clases o proceso de industrialización do país checo. Havířská balada (a balada do mineiro), novela de 1938, é desde o punto de vista estético a máis lograda das súas obras, cunha engrenaxe case poética narra a loita indestrutiva do traballador explotado como trasunto da propia humanidade.

Categoría:Escritores en lingua checa Categoría:Nados na Bohemia Central Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1967