A Forza Aérea Colombiana é a forza aérea da República de Colombia. A Forza Aérea Colombiana é unha das tres institucións das Forzas Militares de Colombia. Foi encargada de acordo á Constitución de 1991 coa labor de exercer e manter o dominio do espazo aéreo colombiano para defender a soberanía, integridade territorial e a orde constitucional. É unha das forzas aéreas latinoamericanas máis grandes e de maior actividade debido ao seu importante rol na loita contra o narcoterrorismo. No ano 2019, contaba con preto de 13 650 efectivos,¿Cómo está el poderío militar en América Latina? El Espectador. Consultado o 15 de abril de 2021. é a máis adestrada e con maior experiencia no continente Americano só por detrás da forza aérea dos Estados Unidos.

É a única forza aérea a nivel mundial que ten acreditados os seus procesos cos estándares ISO 9001 e NTCGP 1000. A ISO 9001 corresponde ao sistema de xestión da calidade coa norma internacional. O segundo certificado, o NTCGP 1000, corresponde á norma técnica de calidade da xestión pública, como froito da Lei 872 de 2003, que esixe a todas as entidades públicas poñer en funcionamento o sistema de xestión de calidade antes de decembro de 2008.

A FAC ten a distinción de terse empregado en misións de observación e combates aéreos dende a guerra colombo-peruana de 1932. A Forza Aérea Colombiana tamén serviu con distinción durante a segunda guerra mundial nas illas de San Andrés. No marco do conflito armado interno, ningún goberno electo foi destituído pola forza, pois a FAC contribuíu a sufocar múltiples rebelións de orixe terrorista, militar e política.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Colombia Categoría:Colombia