Lino Enrique Alonso Pérez, nado en Castrelo de Miño o 6 de xuño de 1956 e finado na Paz o 9 de abril de 2017, foi un adestrador de fútbol galego-venezolano. Destacou principalmente como adestrador no fútbol base e pola difusión da práctica do fútbol en Venezuela.

Era irmán de Odilo Alonso, futbolista e presidente da Hermandad Gallega de Venezuela, e tío do tamén futbolista Odilo Alonso, xogador do Rápido de Bouzas.

Traxectoria Nacido en Castrelo de Miño, aos 13 anos emigrou a Venezuela xunto co seu pai Odilo, súa nai Blandina e seu irmán Odilo. Obtivo o título de adestrador no Colexio Nacional de Adestradores de Venezuela, no que máis tarde chegou a ocupar o posto de Instrutor Nacional.

Durante a década dos 80, adestrou as categorías inferiores do Colexio Santo Tomás de Villanueva, coas que competiu en dúas ligas: Criollitos de Venezuela Cesar del Vecchio e LIEF (despois LIDE).

Dirixiu o Deportivo Galicia na Liga de Fútbol Profesional durante oito tempadas, proclamándose dúas veces campión da Segunda División (1987/88 e 1991/92).

En 1994 comezou a traballar na Federación Venezolana de Fútbol, dirixindo as seleccións sub-17 e sub-20 de Venezuela, ademais de colaborar co adestrador serbio Ratomir Dujković na selección venezolana absoluta. Foi asistente de Dujković na Copa das Américas sub-23, disputada en Colombia en 1994, e na eliminatoria para os Xogos Panamericanos de 1995. Tamén foi asistente de Rafael Santana no Torneo Preolímpico Suramericano Sub-23 de 1996 en Mar del Plata, Arxentina.

De 1995 a 2005 foi o responsable das seleccións sub-15, sub-17, sub-20 e sub-23 de en diversos torneos suramericanos.

En 1996 dirixiu a selección de fútbol de Venezuela nun amigable contra logrando un empate sen goles. Tamén foi adestrador da selección sub-21 que gañou o ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 1998, celebrados en Maracaibo. Gañou ademais unha medalla de prata nos Xogos Bolivarianos de 2005 e Odesur 1996, así como unha medalla de bronce nos Xogos Bolivarianos de 1998 e 2001.

Posteriormente encargouse de dirixir o Carabobo FC na tempada 2006/07 e clasificouse para a Copa Suramericana. Despois foi chamado por César Farías para ser o seu asistente técnico na selección sub-20 e máis tarde na absoluta, na que permaneceu ata o final da eliminatoria para o Mundial de 2014. Tamén acompañou a César Farías durante a súa carreira como técnico no Xolos de Tijuana de México, Cerro Porteño en Paraguai e The Strongest en Bolivia. Ademais formou parte da directiva do Zulia Fútbol Club como director deportivo.

En 2012 foi galardoado pola Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol) pola súa importante traxectoria no fútbol continental. Faleceu o domingo 9 de abril de 2017 por mor dunha pneumonía.

Palmarés Deportivo Galicia Segunda División de Venezuela (2): 1987/88, 1991/92.

Selección sub-17 de Venezuela Medalla de prata nos Xogos Suramericanos (1): 1994. Medalla de prata nos Xogos Bolivarianos (1): 2005.

Selección sub-21 de Venezuela Medalla de ouro nos Xogos Suramericanos e do Caribe (1): 1998.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores de fútbol de Venezuela Categoría:Adestradores do Deportivo Galicia Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Venezuela Categoría:Directores deportivos de fútbol de Galicia