A Veiga de Ancelos é un lugar da parroquia de Santo Estevo de Folgosa no concello lucense do Corgo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 a parte pertencente á parroquia de Santo Estevo de Folgosa estaba deshabitada.

Se ben o núcleo orixinal da Veiga de Ancelos está na parroquia de Vilarello (Láncara), a carón da estrada N-VI, expandiuse ao concello do Corgo pola construción dunha central leiteira en 1981 e posteriormente un transformador eléctrico.

Lugares e parroquias Lugares de Santo Estevo de Folgosa

Parroquias do Corgo

Notas

Categoría:Lugares do Corgo Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias Categoría:Lugares divididos entre dous concellos Categoría:Despoboados da provincia de Lugo