«Lady Marmalade» é unha versión de 2001 dunha canción escrita por Labelle en 1975. Foi interpretada por Christina Aguilera, Lil' Kim, Mýa e Pink para a banda sonora da película Moulin Rouge!.http://top40-charts.com/songs/full.php?sid=79&sort=chartid Consultado o 10 de febreiro de 2013 Esta versión, escrita por Bob Crewe, Kenny Nolan e Lil' Kim (quen escribiu o seu propio fragmento mais non recibiu créditos por iso), foi producida por Missy Elliott e Rockwilder.

A canción converteuse nun éxito, chegou ao número 1 na Billboard Hot 100 dos EUA e pasou cinco semanas no alto de dita lista.http://music.yahoo.com/blogs/chart-watch/chart-watch-extra-four-way-collabos-221215705.html Yahoo!. Consultado o 9 de febreiro de 2013. «Lady Marmalade» foi o cuarto número 1 para Aguilera na Billboard Hot 100 e o primeiro para Lil Kim, Pink e Mýa. A canción foi o último número 1 de Aguilera na Billboard Hot 100 até que en 2011 alcanzou de novo dita posición con «Moves like Jagger» en colaboración con Maroon 5. Foi tamén o caso de Pink, até que en 2008 volveu alcanzar o número 1 con «So What». O sinxelo foi o máis vendido de Lil' Kim e Mýa e o único número 1 até a actualidade para elas.

Amais de estar no alto durante cinco semanas, «Lady Marmalade» mantívose no top 40 dos EUA durante 17 semanas. Alcanzou o número 1 tamén nas listas de 15 países, entre eles o Reino Unido, Noruega, Alemaña, o Brasil, Nova Zelandia ou Australia, e o top 5 en países como Italia, Dinamarca, Finlandia, Bélxica ou Austria. Foi certificado pola RIAA platino nos EUA tras vender máis dun millón de copias, e tamén, entre outros, en Suíza, Noruega, Nova Zelandia, Italia ou Australia.http://www.swisscharts.com/awards.asp?year=2001 swisscharts.com. Consultado o 10 de febreiro de 2013.http://www.aria.com.au/pages/aria-charts-accreditations-singles-2001.htm ARIA charts. Consultado o 10 de febreiro de 2013 Até decembro de 2001, o single vendera 5,2 millóns de copias en todo o mundo.https://web.archive.org/web/20020204010046/http://www.christina-a.com/billboardcharts1.html Christina-a.com. Arquivado desde o orixinal o 4 de febreiro de 2002. Consultado o 10 de febreiro de 2013.

O vídeo musical, dirixido por Paul Hunter e filmado a finais de marzo de 2001 nos Ánxeles, foi construído para parecerse ao Moulin Rouge do París da época, aproximadamente entre 1890 e 1910. O vídeo gañou o MTV Video Music Award polo "Mellor Vídeo do Ano" e o "Mellor Vídeo dunha Película", e foi nomeado ao "Mellor Vídeo Dance", "Mellor Vídeo Pop", "Mellor Coreografía" (Tina Landon), e "Mellor dirección artística". O vídeo de «Lady Marmalade» ocupa o posto 30 de entre os 100 mellores vídeos segundo MuchMusic. A canción gañou tamén un Premio Grammy na categoría de "Mellor Colaboración Pop Vocal". Ese ano, Christina Aguilera estaba nomeada dúas veces nesa categoría, por «Lady Marmalade» e por «Nobody Wants to Be Lonely» con Ricky Martin.

A canción foi incluída no álbum de grandes éxitos de Aguilera Keeps Gettin' Better: A Decade of Hits. Do mesmo xeito, formou parte do recompilatorio Greatest Hits... So Far!!! de Pink, en ambos casos nas versións non estadounidenses.

Antecedentes Versión orixinal de Labelle A canción foi escrita por Bob Crewe e Kenny Nolan. A cantante principal de Labelle, Patti LaBelle, foi quen introduciu a idea dunha muller coñecida como «Lady Marmalade» quen seducía un home nas rúas de Nova Orleans. A frase en francés "Voulez-vous coucher avec moi (ce soir)?" é un convite para manter relacións sexuais.

A canción foi versionada en numerosas ocasións. A primeira rexistrada é da cantante austríaca Gisela Wuchinger (Gilla) o mesmo 1975. Nela, a frase en francés era repetida a continuación en inglés ("Do you want to sleep with me tonight?"). En 1991 a cantante Sheila E gravou unha versión para o álbum Sex Cymbal, nun estilo próximo a sons de jazz. En 1995 a banda Boogie Knights realizou unha nova versión da canción, interpretada polo seu cantante, Jeff Scott Soto. En 1998 o grupo de pop inglés All Saints incluíu unha versión nunha dobre "cara A" do sinxelo Under the Bridge, o cal ocupou o número 1 do Top 40 no Reino Unido. Esta versión contén diferentes letras nalgúns versos, e da orixinal só se mantivo o retrouso.

Vídeo musical Missy Elliott fai a apertura do vídeo, seguida de Mýa, quen canta a súa parte facendo movementos sexys debaixo dun corazón. Despois, Pink interpreta a súa parte sobre unha cama de época, e Lil' Kim rapea a súa parte deitada nunha cadeira de brazos mentres lle traen obxectos que ela rexeita. Por último, Christina Aguilera canta dende un toucador mentres é arranxada por asistentes e loce un peiteado extravagante como a melena dun león. Ao final únense todas no escenario para interpretaren a canción.

Actuacións en vivo dereita|miniatura|200x200px|Christina Aguilera interpretando «Lady Marmalade» Na 44ª edición dos Premios Grammy, Christina Aguilera, Lil' Kim, Mýa e Pink realizaron unha actuación especial coa intérprete orixinal de «Lady Marmalade», Patti LaBelle.http://www.4shared.com/mp3/9bne01lC/Lady_Marmalade__Live_at_the_44.html Consultado o 10 de febreiro de 2013http://www.youtube.com/watch?v=vPf6s8B-roI Youtube. Consultado o 10 de febreiro de 2013

Por outro lado, Aguilera interpretou a canción nas súas xiras mundiais Stripped Live in the UK, Back to Basics: Live and Down Under, The Liberation Tour e The X Tour, ademais de interpretala na súa residencia de concertos nas Veigas The Xperience. Pink interpretouna na súa xira mundial Try This Tour, mais foi censurada a parte de «Lady Marmalade» por burlarse de Christina Aguilera. Durante a interpretación da canción entoaba o sinxelo «Beautiful» de Aguilera sostendo unha boneca inflable coa aparencia da cantante no vídeo de «Lady Marmalade» mentres finxía sexo oral con ela. O suceso provocou conflito entre ambas artistas e causou polémicas sobre a colaboración da autora de «Beautiful», Linda Perry, coas dúas cantantes.http://movies.msn.com/movies/article.aspx?news=154490 MSN. Consultado o 10 de febreiro de 2013.

Versións doutros cantantes dereita|miniatura|254x254px|Ariana Grande, unha das moitas voces que interpretaron «Lady Marmalade» Velaquí algunhas versións posteriores á de 2001 de Moulin Rouge!:

A de Nancy and The Boys en Dancemania Speed 8 en 2002, cun estilo eurodance moi rápido. En 2002 En Vogue interpretouna no seu concerto lanzado en DVD "Live en EE.UU.". Unha de Carol Duboc e Noji Minae na película Be Cool de 2005. A do grupo Sugababes con Patti LaBelle en Swarovski Fashion Rocks. Unha interpretación de Beyoncé na cerimonia dos Premios Oscar de 2009. As mozas Corrie interpretáronna en 2004 en Discomania CD, unha recompilación de cancións populares de discoteca que inclúen principalmente colaboracións entre artistas orixinais e actuais. Un arranxo de The Lost Fingers en Nanette Workman (2009). A banda de power metal Manowar tocouna en vivo en Francia. O cantante chinés mandarín Jolin Tsai interpretou a canción en 2008 no seu álbum en inglés Love Exercise. Andy Hallett cantouna na serie de televisión Angel, interpretando o seu personaxe, Lorne. Céline Dion cantouna no seu Taking Chances Tour. Tiffany e Taeyeon, do grupo de K-Pop Girls' Generation, realizaron unha versión do tema na primeira xira no Xapón e a segunda en Asia. Tiffany interpretou o fragmento de rap de Lil' Kim. Ariana Grande interpretouna xunto a Patti Labelle. CeCe Frey interpretouna na segunda tempada de The X Factor en novembro de 2012.

Notas

Categoría:Sinxelos de 2001