Dólar de prata doServizo Comunitario Nacional170x170px170x170pxA/: A Xustiza en pé con escudo na man esquerda, e libro e lámpada na dereita. Data e marcas de ceca (S) e de gravador (TDR). Lendas: LIBERTY / NATIONAL COMMUNITY SERVICE / IN GOD WE TRUSTR/: Inscrición dentro de coroa de loureiro. Marca de gravador (WC). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / SERVICE FOR AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Thomas D. Rogers (anv.) e Williams C. Cousins (rev.). Datas de emisión: 1996 Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco (S). Tiraxe: 125.043 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do Servizo Comunitario Nacional é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1996 e cuñada pola Casa da Moeda de San Francisco.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-379, do 29 de setembro de 1994,"Public Law 103-328 - SEPT. 29, 1994". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas para honrar os millóns de estadounidenses que ofreceron desinteresadamente os seus esforzos en proxectos de servizo comunitario."National Community Service Dollar". United States Mint.
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado por Thomas D. Rogers, represéntase unha figura en pé da Xustiza cun escudo na súa man esquerda e unha lámpada e un libro na dereita, como símbolos da aprendizaxe e da descuberta. Os raios do Sol rodean a chama da lámpada, que simboliza a luz do coñecemento. Sobre estes morivos está a inscrición LIBERTY ("Liberdade"). Completan as lendas o lema IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") característico das moedas estadounidenses, e unha inscrición alusiva ao asunto conmemorado: NATIONAL COMMUNITY SERVICE. Este deseño está inspirado noutro anterior orixinal de Augustus Saint-Gaudens, que serviu para unha medalla de 1905 para a Women's Auxiliary of the Massachusetts Civil Service Reform Association."1 Dollar National Community Service". Numista.com"The Women's Auxiliary of the Massachusetts Civil Service Reform Association Presentation Medal". Johnson Museum of Art. Cornell University.
Pola súa banda, o reverso, obra de William C. Cousins, está protagoniozado pola lenda SERVICE FOR AMERICA e o lema E PLURIBUS UNUM rodeados por unha coroa de loureiro, co nome do país (UNITED STATES OF AMERICA) na parte superior e o valor facial (ONE DOLLAR) no exergo.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de medio millón de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de San Francisco tanto na súa versión estándar como na de acabamento especial con fondo espelllo (proof). A emisión foi presentada e posta ao dispor do público o día 12 de xullo de 1996.
A súa produción final limitouse a 23.500 moedas na súa condición estándar e 101.543 en versión proof, o que fai un total de 125.043 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1995 Civil War Battlefield". United States Mint.
Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados ao Fundnational Community Service Trust, para o financiamento de programas anovadores de servizo comunitario nas universidades estadounidenses.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1996 Community Service Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América