Lasius flavus é unha especie de formiga da familia Formicidae que está moi estendida en Europa, pero tamén se atopa en Asia, África do norte e o leste de América do Norte. As poboacións de Norteaméria son consideradas agora unha especie diferente, Lasius brevicornis.Bugguide.net. Lasius brevicornis

Descrición As raíñas miden de 7 a 9 mm de longo, os machos de 3 a 4 mm e as obreiras de 2 á 4 mm. Estas formigas teñen cores que van do amarelo ao marrón, a raíña e os machos teñen dúas cores o amarelo e o negro. As obreiras de Lasius flavus son monomórfico, é dicir todos os membros son parecidos en forma.

Hábitat Esta especie vive principalmente nos campos e prados húmidos, e baixo as pedras. Os formigueiros están totalmente baixo terra, e cubertos de herba, a entrada pódese observar que ten forma de montículo.

Formación dos formigueiros Os voos nupciais prodúcense nos días máis calorosos de verán. Estas formigas son falsas polixínicas, é dicir, cando van construír un novo formigueiro varias raíñas xúntanse e fano. Conviven no mesmo formigueiro ata que nacen as primeiras obreiras, entón loitan entre elas ata que só quede unha, que será quen forme a colonia. Forman colonias pequenas, unha colonia madura pode ter uns 500 individuos. Aínda que, nalgúns casos, existen colonias interconectadas que poden chegar a ter 250 000 obreiras.Raignier, Albert (1957). Het leven der mieren. Prisma, The Netherlands.

Alimentación Aliméntanse case exclusivamente da melaza segregada polos áfidos, que se reproducen nos refuxios subterráneos, aos que protexen doutras ameazas a cambio desta substancia nutritiva. Tamén comen pequenos insectos como as cochinillas ou larvas de mosca.[cita 

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación taxonómica da fauna europea. Web inglesa moi completa sobre todo tipo de fauna. Blog sobre formigas Arquivado

Categoría:Formicidae