Robles de la Valcueva é unha localidade pertencente ao concello de Matallana de Torío, na provincia de León e na comunidade autónoma de Castela e León.
Localización Atópase nun val atravesado polos regatos de Robles e o dos Molinos, afluentes do río Torío. Robles de la Valcueva limita coas localidades de Serrilla, Matallana de Torío e Villalfeide ao norte, Correcillas ao nordés, La Valcueva ao leste, La Cándana de Curueño, Sopeña de Curueño, Pardesivil, La Mata de Curueño e Santa Colomba de Curueño ao sueste, Pardavé e Fontanos de Torío ao sur, Naredo de Fenar e Robledo de Fenar ao suroeste, Llombera ao oeste e Orzonaga e Coladilla ao noroeste.
Historia Pertenceu ao antigo concello de Vegacervera.
Patrimonio Destaca a ermida de Santa María de Boinas, que aparece referenciada en 1752. Nela celébranse dúas festas, a Flor, o luns seguinte á Pascua de Resurrección e a da Nosa Señora de Boinas, que ten lugar cada 15 de agosto.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Matallana de Torío