Helibras ou Helicópteros do Brasil S.A. é un fabricante brasileiro de helicópteros filial de Airbus Helicopters. Helibras fabricou máis de 700 helicópteros, sendo o 70% deles Eurocopter AS350 Écureuil (coñecidos en portugués como Esquilos). O 10% da produción total expórtase a países de Latinoamérica como a Arxentina, Bolivia, Chile, México, Paraguai, o Uruguai, e Venezuela. Helibras lidera o mercado brasileiro de helicópteros de turbina en operación, cun 54% de cota no mercado civil, e un 66% no mercado militar.

Historia Helibras fundouse o día 1 de xaneiro de 1978 en São José dos Campos, no estado de São Paulo. Dende 1980 a compañía atópase en Itajubá, unha cidade e municipio no suroeste do estado de Minas Xerais. Anteriormente Helibras era propiedade conxunta de MGI Participações (propiedade do goberno do estado de Minas Xerais), Bueninvest e Eurocopter. En 2006 Helibras pasou a ser totalmente propiedade de Eurocopter (agora Airbus Helicopters), que á súa vez era propiedade do Airbus Group. Helibras é o único fabricante de helicópteros de América Latina.

O modelo de helicóptero máis producido por Helibras é o Eurocopter AS350 Écureuil, representando un 70% dos aparellos fabricados pola firma. Brasil ten sido un gran mercado para o AS350, con máis de 300 unidades operando no ano 2011 ao longo de todo o país, incluídos no portaavións brasileiro São Paulo. Dende 1984 a Armada do Brasil usou os AS350 para apoiar o Programa Antártico Brasileiro. En xaneiro de 2011 Helibras asinou un contrato co Exército do Brasil para mellorar substancialmente a súa frota de 36 AS350 Ecureuil. miniatura|250x250px|EC725 brasileiro O Eurocopter AS565 Panther foi outro deseño licenciado producido localmente por Helibras. En 1988 o Comando de Aviación do Exército do Brasil recibiu os seus primeiros Panther. En xaneiro de 2010 Helibras recibiu un contrato para actualizar 34 AS365K Panther ao novo estándar AS365 K2. Entre os cambios no Panther K2 inclúense novos motores Turbomeca Arriel 2C2CG que producen un 40% máis de potencia, unha cabina de cristal con nova aviónica e sistemas de radio, un piloto automático de catro eixos, un novo radar meteorolóxico, compatibilidade NVG, e medidas para reducir a carga de traballo do piloto, ampliando a vida de servizo dos helicópteros 25 anos máis. En marzo de 2014 os primeiros dous Panther K2 foron entregados ao Exército do Brasil. En setembro de 2014 o Panther K2 pasou a súa avaliación técnica operativa.

En setembro de 2008 o goberno do Brasil anunciou que a fábrica de Helibras en Itajubá produciría un pedido inicial de 50 Eurocopter EC725 un valor de 1 000 millóns de dólares. Eses 50 helicópteros eran para a Armada, a Forza Aérea e o Comando de Aviación do Exército. En decembro de 2010 tres helicópteros realizaron probas de voo antes de entrar en servizo militar. En 2012 Helibras comezou a montar o resto do pedido. En abril de 2014 Helibras e MBDA estaban en proceso de integrar o mísil antibuque Exocet, do cal o 50% é fabricado no Brasil. O 19 de xuño de 2014 a Armada do Brasil aceptou formalmente a entrega do primeiro EC725. En xullo de 2015 as forzas armadas brasileiras recibiran 16 H225M, e as entregas continuarían ata 2019. O 1 de outubro de 2015 a frota de H225M do Brasil chegou ás 10 000 horas de voo. En decembro de 2015 Helibras entregou o dous primeiros H225M cun estándar de capacidade operativa total (FOC) aos militares brasileiros.

Produtos miniatura|250x250px|Esquilo da Marinha do Brasil

Civís

EC120 Colibri AS350 B2 Esquilo AS350 B3 Esquilo AS355 EC130 EC135

Militares

AS532 AS550 AS555 EC635 EC725

Notas

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas do Brasil