Passiflora ligularis, popularmente chamada granadilla (non confundir coa milgrandeira, da especie Punica granatum) ou maracuxá doce, é unha planta gabeadora pertencente á familia Passifloraceae orixinaria do centro de México, en toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, oeste de Bolivia ao sur do Perú.

Descrición É unha planta gabeadora vigorosa que se une aos soportes mediante gabiáns. As follas son longas, basifixadas, enteiras, amplamente ovadas, profundamente cordadas, abruptamente subcaudadas-acuminadas, de 8-17 cm de longo, 6-15 cm de ancho; con pecíolos de 5-15 cm de longo, con 3-5 pares de glándulas filiformes alongadas; estípulas foliáceas, ovadas, de 1-3 cm de lonxitude. Pedúnculos de 2-5 cm de longo, articulados directamente debaixo da flor; brácteas implicadas e foliáceas, ovadas, de 2-4 cm. longo. As flores, con cheiro almiscrado, miden 7-9 cm de diámetro; cáliz oblongo, de 3-5 cm de lonxitude; sépalos verde pálido estreitamente lanceolados de 3-4 cm de longo; pétalos brancos rosas; filamentos de coroa de cor púrpura azulado en dúas series, a máis externa tan longa como os pétalos.

O froito ovoide é unha baga verde cando está inmatura e vólvese de cor amarela laranxa con pequenas manchas brancas cando está madura. O seu tamaño é de 6,5 a 8 cm de longo e de 5,1 a 7 cm de diámetro. A casca é fina, lisa e quebradiza. A polpa (arilo), de sabor moi aromático, é de cor branca amarelada a laranxa con textura mucilaxinosa. Contén numerosas sementes planas e denegridas. miniatura|Semente miniatura|Sección do froito. miniatura|Flor e froitos. miniatura|Flor en detalle.

Distribución e hábitat Esténdese desde o centro de México, por toda América Central e o oeste de América do Sur, desde Colombia, Venezuela, Ecuador, o oeste de Bolivia até o sur do Perú. Cultívase e naturalízase en Xamaica e nas zonas montañosas de Haití. O seu hábitat natural son as zonas de clima subtropical xa que non resiste a calor, temperaturas entre 15° e 18 °C, 600 a 1000 mm de precipitación anuais e altitudes de 1700 a 2600 metros sobre o nivel do mar.

Lugares de cultivo Colombia é o primeiro produtor mundial deste froito, cunha produción que alcanzou as 53.000 toneladas en 2011, extraídas de preto de 4.600 hectáreas plantadas en todo o territorio nacional. Comercialízase con éxito en mercados nacionais e internacionais, principalmente no continente europeo. Os principais produtores de Passiflora ligularis son: Colombia, Ecuador, Costa Rica, o Perú e Bolivia. Os principais importadores son México, os Estados Unidos, o Canadá, Bélxica, os Países Baixos, Francia e España.{http://www.agenciadenoticias.unal.edu.co/ndetalle/article/desarrollan-semillas-de-granadilla-mas-productivas.html Desenrolan sementes de maracuxá doce máis produtivas], consultado o 23 de marzo de 2017. (en castelán)

Taxonomía Passiflora ligularis foi descrita por Antoine Laurent de Jussieu e publicada en Annales du Muséum National d'Histoire Naturelle 6: 113–115, t. 40. 1805.

Etimoloxía Véxase: Passiflora

ligularis: epíteto latino que significa "con lígulas".En Epítetos Botánicos

Variedades aceptadas

Passiflora ligularis f. lobata (Mast. ) Killip

Sinonimia

Passiflora ligularis var. geminiflora DC. Passiflora lowei Heer Passiflora serratistipula DC.

Nomes comúns O seu nome en castelán e portugués varía en todo ámbito iberoamericano: "granada china", "granada de moco" (México), "granadilla" (Andes), "granadita", "granadilla común" (Guatemala), "granadilla" (Ecuador), "parcha dulce", "parcha importada" (Venezuela), "pachío" (Bolivia), "maracujá doce" (Brasil).

Propiedades Contén vitaminas A, B2, B3, B6, B9, C, E e K. Tamén contén minerais como calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, selenio, sodio e cinc.La Granadilla, consultado el 23 de marzo de 2017. O zume ten:

propiedades dixestivas e diuréticas. efectos antiespasmódicos. favorece o sono.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Killip, E.P. (1938) The American species of Passifloraceae. Publications of the Field Museum Natural History, Chicago. Botany Series 19 (1, 2): 1-163. Ocampo, J.A., Coppens d’Eeckenbrugge, G., Restrepo, M., Jarvis, A., Salazar, M., and Caetano, C.M. (2007). Diversity of Colombian Passifloraceae: biogeography and an updated list for conservation. Biota Colombiana 8(1): 1-45. Ulmer, Torsten and John M. MacDougal. (2004) Passiflora: passion flowers of the world. Timber Press Portland, Oregon.430p. Vanderplank, J. (2000) Passion Flowers. 3nd ed. The MIT Press. Cambridge, Massachusetts. 224 pp.

Ligazóns externas Imaxe do froito doce da granadilla Granadilla aberta ao consumo

Categoría:Plantas descritas en 1805 Categoría:Passiflora Categoría:Flora de América do Sur