Santa Eufemia é un lugar da parroquia de Calde no concello lugués de Lugo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 85 habitantes (44 homes e 41 mulleres), 4 menos ca en 2021. Toponimia

O topónimo Santa Eufemia é un haxiotopónimo referido a Eufemia de Calcedonia e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.

Xeografía Atópase a 555 m de altitude. Na aldea nace un pequeno curso de auga, o rego do Lavadoiro, que desemboca nun rego do monte Segade. Ao seu carón existen muíños herdanza da antiga industria local.

Patrimonio A aldea serve de punto de partida para rutas de sendeirismo cara ao Castro Grande (castro de Galegos) e o castro da Medorra, cun sistema de ocupación xerarquizado ou complementario, onde o castro maior controlaría territorio e vías, mentres o menor servía funcións específicas.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Calde

Parroquias de Lugo

Véxase tamén Outros artigos

Lugares de Lugo

Categoría:Lugares de Lugo