Manuel Reinante Cancio, nado en Ribadeo o 19 de febreiro de 1816 e finado na mesma vila o 2 de maio de 1909,, foi un auxiliar facultativo de minas, piloto da mariña mercante e topógrafo galego.

Traxectoria Traballou con Guillermo Schulz na realización do Mapa Petrográfico do Reino de Galicia, e fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey, na serra Albanilla (provincia de Almería).

Foi vicepresidente do Consello Rexionalista de Lugo, e representou a Ribadeo na Deputación Provincial.

En 1888 cedeu ó concello de Ribadeo 108 ha de terreo en montes próximos á vila (montes de Reverte, Fontes do Lobo e Monte de Arca) para que o recadado pola súa venda se aplicase ó ben público.

Obra Colaborador en diversas publicacións periódicas, publicou:

Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878), colección de artigos aparecidos en El Diario de Lugo, con prólogo de Fernando Sanjulián.

El puente de Ribadeo, feito polo concello.

Recoñecementos Foi condecorado coa Encomienda de Número de Isabel la Católica por Servizos especiais.Citado na revista Campo del Tablado n.1, pp.25 e seg.

Notas

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1816

Categoría:Finados en 1909

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cartógrafos de España