O tráfico de influencias é unha práctica ilegal en moitas lexistacións, e cando menos éticamente censurable, de utilizar a influencia persoal no goberno ou mesmo en ámbitos empresariais, a través de conexións con persoas e para obter favores ou tratos preferentes.

Tipoloxía Naturalmente, búscanse conexións con amigos ou coñecidos para ter información, e con persoas que exercen autoridade ou teñen poder de decisión, e moitas veces isto ocorre a cambio dun pago en diñeiro ou en especie, ou a concesión dalgún tipo de privilexio. A natureza ilegal do tráfico de influencias é relativa e distinta nos distintos estados-nación: a OCDE utilizou a miúdo o termo "tráfico de influencias impropio" para se referir a actos de lobby ilegais ou cuestionábeis.

O tráfico de influencias está penalizado na Arxentina, Bélxica, o Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Francia, Guatemala, Italia,G. Buonomo, Su due sentenze della sesta sezione penale della Cassazione in tema di corruzione e parlamentari, Diritto pubblico europeo rassegna online, aprile 2019pp. 8-9. Abril 2019. México, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Romanía, Uruguai e Venezuela.

Exemplos

Francia O escándalo das condecoracións a finais do século XIX foi un caso político-financeiro que salpicou ó presidente da República Jules Grévy, quen foi obrigado á dimisiónJean-Marie Mayeur, Les débuts de la Troisième République, 1871-1898, Seuil, 1973, p. 171. A constatación da ausencia dunha lei que prohibise ese tipo de corruptelas, implicou a creación dunha incriminación específica que permitise reprimilas: o tráfico de influencias.Geneviève Giudicelli-Delage, Droit pénal des affaires , 6ª edición; ed. Dalloz, 2006

España En España, o tráfico de influencias é puníbel e a súa persecución e sentenza dependen do Xulgado do Xurado da provincia en cuestión. O delito de tráfico de influencias está descrito nos artigos 428, 429, 430 e 431 da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal. A lexislación estaba tipificada na Lei orgánica 9/1991, do 22 de marzo, e no Código Penal de 1928, que regulaba algunha figura semellante ao tráfico de influencias e suborno.

Brasil No Brasil, o tráfico de influencias está descrito no art. 332 do Código Penal. A pena prevista para este delito é a prisión, de 2 a 5 anos, e multa. A sanción increméntase á metade se o axente alega ou insinúa que a vantaxe tamén se destina ao traballador.

En Portugal O delito de tráfico de influencias foi creado en Portugal en 1995 a proposta do Goberno de António Guterres. Casualmente, Armando Vara, exministro de Guterres, despois desvinculado do Partido Socialista, foi condenado por tres delitos de tráfico de influencias.

Uruguai No Uruguai, o tráfico de influencias está previsto no artigo 158-BIS do Código Penal uruguaio.Pietro Semeraro, (2000) I delitti di millantato credito e traffico di influenza, ed. Giuffre, Milán. (en italiano)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Nepotismo Suborno Corrupción Prevaricación Lobby

Categoría:Corrupción