O sean-nós é unha tradición de canto irlandesa con semellanzas aos alalás galegos. O estilo comunmente coñecido como sean-nós do canto na illa de Irlanda en xeral, úsase tanto en irlandés como en inglés, especialmente na música ornamentada. É un estilo de canto que hoxe se escoita a miúdo en Connatch nestes días, pero tamén hai unha forte tradición noutros lugares da illa Por exemplo, Eoiní Mhaidhcí Ó Suilleabháin é moi coñecido como cantante "sean-nós". Sobre el fixéronse varios programas (en TG4 e Raidió na Gaeltachta) mentres cantaba cancións ao estilo de Mumhain. Véxase p. ex. o programa TG4 de 2011. . Competición de canto (amhránaíocht) O Corn Uí Riada é a competición de máis alto nivel en canto sean-nós. Os concursantes teñen que cantar unha canción lenta e outra animada.
Historia "Sean-nós" é un termo que se orixinou durante o renacemento da lingua irlandesa coas orixes de Oireachtas na Gaeilge, cando os concursos de canto foron introducidos como parte do festival. Os Oireachtas querían distinguir entre o canto vernáculo (o "sean-nós") e o tipo de canto que se oía ao redor do piano nas salóns da clase media (o "novo hábito") naquel tempo.
Polémicas
Nome Hoxe en día o termo "sean-nós" é moi utilizado, pero é obxecto de discusión desde hai décadas. Algúns cantantes opinan que non se debe empregar en absoluto o termo "sean-nós".Por exemplo, Sorcha Ní Ghuairim. No Oireachtas de 1943 presentouse un simposio no que se tratou esta cuestión; véxase Róisín Nic Dhonncha, «The Oireachtas and Sean-Nós Singing: The Creation and Acquisition of Tradition», en Ruairí Ó hUiginn e Liam Mac Cóil (eds.), Bliainiris 2004, 57-71.
Pedagoxía Para algúns cantar sean-nós é unha arte única, por iso hai quen pensa que a arte non se lle pode explicar a quen non a ten, pero iso non impediu que se impartisen e sigan a impartir clases deste estilo de canto.Por exemplo Scoil Cheoil an Earraigh
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Música irlandesa Amhráin is Ansa Liom, unha serie de TG4 na que os actuais mestres de sean-nós describen as súas cancións favoritas, o estilo de música que herdaron e os motivos polos que prefiren certas cancións a outras.
Ligazóns externas
Canto no oeste de Irlanda . Arquivos de Joe Heaney, Universidade Nacional de Irlanda, Galway Sean Nós Beo (cancións tradicionais irlandesas de Gaeltacht na nDéise)
Categoría:Canto Categoría:Canto tradicional galego Categoría:Música de Irlanda Categoría:Música de Irlanda do Norte Categoría:Música contemporánea Categoría:Música antiga Categoría:Música nos medios de comunicación