miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Colombia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Colombia aceptou a convención o 24 de maio de 1983, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista. Dende o ano 2018, hai nove sitios Patrimonio da Humanidade en Colombia, incluíndo seis sitios culturais, dous sitios naturais e un sitio mixto.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: departamentos de Colombia Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Porto, fortalezas e conxunto monumental de Cartaxena de Indias 150x150px ColDepartamento de Bolívar 1984 285; iii (cultural) Abrigado nunha baía do mar Caribe, o porto de Cartaxena posúe o conxunto de fortificacións máis completo de toda América do Sur. Un sistema de zonificación divide a cidade en tres barrios diferenciados: San Pedro, coa catedral e numerosos pazos de estilo andaluz; San Diego, antigo lugar de residencia dos comerciantes e da pequena burguesía; e o popular barrio de Getsemaní.02 Parque Nacional Natural de Los Katíos 150x150px ColDepartamentos de Antioquia e Chocó 1994 711; ix, x (natural) Situado no noroeste de Colombia, o parque de Los Katíos esténdese por unhas 72.000 hectáreas e está formado por outeiros baixos, bosques e chairas húmidas. A súa biodiversidade é excepcional e alberga varias especies animais en perigo de extinción, así como numerosas plantas endémicas.03 Centro histórico de Santa Cruz de Mompox 150x150px ColDepartamento de Bolívar 1995 742; iv, v (cultural) Fundada en 1540 ás beiras do río Magdalena, Santa Cruz de Mompox tivo un papel importante no estabelecemento da dominación española no norte de América do Sur. Entre os séculos XVI e XIX, a cidade medrou paralela ao río e a súa rúa principal serviu de presa de retención do río. No seu casco histórico conservouse a harmonía e integridade da paisaxe urbana. A maioría dos edificios aínda seguen cumprindo a súa función orixinal, ofrecendo así unha imaxe excepcional do que foi unha cidade colonial española.04 Parque Arqueolóxico Nacional de Tierradentro 150x150px ColDepartamento de Cauca 1995 743; iii (cultural) Este parque reúne monumentais estatuas prehispánicas de figuras humanas e contén numerosos hipoxeos que datan dos séculos VI ao X. Estes vastos túmulos subterráneos de enormes dimensións (algunhas cámaras funerarias teñen 12 metros de ancho) están adornados con motivos que reproducen a decoración interior das vivendas dese período. Os monumentos do parque dan fe da complexidade social e riqueza cultural dunha sociedade prehispánica na rexión andina do norte.05 Parque arqueolóxico de San Agustín 150x150px ColDepartamento de Huila 1995 744; iii (cultural) Neste parque érguese, no medio dunha impresionante paisaxe natural, o maior conxunto de monumentos relixiosos e esculturas megalíticas de Suramérica. As representacións de divindades e bestas mitolóxicas execútanse con gran mestría en diferentes estilos, que van dende a abstracción ata o realismo. Estas obras de arte amosan a forza creativa e imaxinativa dunha cultura da rexión andina do norte que floreceu entre os séculos I e VIII.06 Santuario de fauna e flora de Malpelo 150x150px ColDepartamento de Valle del Cauca 2006 1216; vii, ix (natural) Este santuario de fauna e flora, que inclúe a illa de Malpelo (350 ha) e a zona marítima circundante (857.150 ha), está situado a 506 km da costa colombiana. O seu amplo parque mariño, que é a maior zona de prohibición de pesca de todo o Pacífico oriental tropical, é un hábitat vital para unha serie de especies mariñas ameazadas a nivel mundial. Así mesmo, é unha importante fonte de nutrientes e, polo tanto, unha zona de grande acumulación de biodiversidade mariña. A illa de Malpelo é, en particular, un santuario de meros xigantes, peixes voadores e especies raras de quenllas. A súa costa está considerada un dos lugares máis extraordinarios do mundo para o mergullo, debido á excepcional beleza dos seus cantís e covas escarpadas. Ademais, as súas augas profundas serven de refuxio a un número considerable de especies peláxicas e grandes depredadores mariños, cuxo comportamento natural permanece inalterado neste medio protexido.07 Eixo cafeteiro 150x150px ColDepartamentos de Caldas, Quindío e Risaralda 2011 1121; v, vi (cultural) Na zona cafeteira colombiana prodúcese o que se considera o mellor café suave do mundo, que foi a principal actividade da economía do país durante boa parte do século XX e xerou unha maior calidade de vida na súa rexión.08Camiños do Inca* 150px|Inca trail ColVarios, compartido con 2014 1459; ii, iii, iv, vi (cultural) Trátase dunha ampla rede viaria duns 30.000 quilómetros construída ao longo de varios séculos polos incas, aproveitando en parte as infraestruturas preincas xa existentes, coa finalidade de facilitar as comunicacións, o transporte e o comercio, e tamén con fins defensivos. Este extraordinario sistema de estradas esténdese por unha das zonas xeográficas do mundo con maiores contrastes, dende os cumios nevados dos Andes que se erguen a máis de 6.000 metros de altitude ata a costa do Pacífico], pasando por bosques tropicais húmidos, fértiles vales e desertos de absoluta aridez. A rede viaria alcanzou a súa máxima expansión no século XV, estendéndose por toda a lonxitude e anchura da cordilleira andina. No novo patrimonio da humanidade, que consta de 273 compoñentes e esténdese por máis de 5.000 quilómetros, seleccionáronse os compoñentes para salientar a importante función social e política da rede viaria; obras mestras arquitectónicas e de enxeñería e infraestruturas relacionadas dedicadas a actividades comerciais, aloxamento e almacenamento de mercadorías; e sitios con significado relixioso.09 Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete– "A Maloca do Xaguar" 150x150px|alt=A tepui within the Chiribiquete National Park. ColombiaDepartamento de Caquetá e Guaviare 2018 1174; iii, ix, x (mixto) Situado no noroeste da Amazonia colombiana, o Parque Nacional Chiribiquete é o maior territorio natural protexido de todo o país. Unha característica do sitio é a presenza de tepuis, grandes formacións rochosas elevadas e illadas, de pendente vertical e cumios chans, que dominan a selva. Nas paredes dunhas 60 grutas situadas ao pé destes alzados hai máis de 75.000 pinturas cuxa execución se remonta a uns 20.000 anos antes da nosa era. Presumiblemente relacionadas cun culto ao xaguar, símbolo de poder e fertilidade, estas expresións pictóricas representan escenas de caza, guerra, danza e cerimoniais. As comunidades indíxenas que non están directamente presentes neste lugar considérano que é territorio sagrado.

Lista de lugares candidatos Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional. No ano 2024, Colombia tiña trece lugares na súa lista de candidatos.