Irene Rega Jul, nada en San Cibrao en xaneiro de 1996 é unha escritora galega.
Traxectoria Estudou o Grao de Educación Primaria na Universidade de Santiago de Compostela.
Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.
En xuño de 2022 gañou a sexta edición do Premio de narrativa Illa Nova para menores de 35 con O libro dos corazóns rotos (editada en Galaxia como A malferida). Segundo o xurado: "Cunha linguaxe coidada, pero moi directa consegue transmitir un fondo desacougo no tratamento dun tema tan delicado como o do acoso escolar. A autora arrisca no seu desenvolvemento e na denuncia social da sociedade contemporánea".
Obra Galego
A malferida (2022). Vigo: Galaxia. 212 páxs. ISBN 978-84-9151-954-6
Tecendo redes (2023). Vigo: Galaxia. 252 páxs. ISBN 978-84-1176-155-0.
Castelán
Si me pierdo, tú me encuentras (2018). Chiado Editorial. 288 páxs. ISBN 978-989-52-1135-7. Si me pierdo, búscame (2019). Chiado Editorial. 290 páx. ISBN 978-989-52-5823-9.
Obras colectivas Compostela. Relato Curto (2025). Xerais Premios 2022: Premio de narrativa Illa Nova. 2022: IV Premio de novela Vilar Ponte de Viveiro, por Tecendo redes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Blog de Irene Rega Jul
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Cervo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela