miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Fiji, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Fiji ratificou a convención o 21 de novembro de 1990, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
A Cidade Histórica Portuaria de Levuka foi o primeiro lugar de Fiji incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO na 37ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Phnom Penh (Camboxa) en 2013. Fiji conta cun único sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, pertencente á categoría de patrimonio cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Fiji Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Levuka 150px Ovalau 2013 1399; II, IV (cultural) A cidade e a súa liña baixa de edificios entre cocoeiros e mangueiras ao longo da praia foi a primeira capital colonial de Fiji, cedida aos británicos en 1874. Desenvolveuse desde principios do século XIX como un centro de actividade comercial para estadounidenses e europeos que construíron almacéns, tendas, instalacións portuarias, residencias e institucións relixiosas, educativas e sociais arredor das aldeas da poboación indíxena da illa do Pacífico Sur. É un raro exemplo de cidade portuaria tardía colonial que foi influenciada no seu desenvolvemento pola comunidade indíxena que continuou superando en número aos colonos europeos. Así, a cidade, un notable exemplo de asentamentos portuarios do Pacífico a finais do século XIX, reflicte a integración das tradicións construtivas locais por parte dunha potencia naval suprema, o que leva á aparición dunha paisaxe única. (UNESCO/BPI)
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.} Fixi ten tres propiedades na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (división) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Conca de SoviDivisión Oriental1999III, IV, V (cultural) Dunas de area de Sigatoka150px|alt=Dunas de area preto da praiaDivisión Occidental1999III, IV, V (cultural) Santuario de iguanas con crista de Yaduataba150px|Unha iguana con crista de Fidxi nunha póla.División Norte1999X (natural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país