Russian Doll é unha serie de televisión estadounidense de comedia e drama creada por Natasha Lyonne, Leslye Headland e Amy Poehler, que se estreou a través de Netflix o 1 de febreiro de 2019. A serie conta a historia de Nadia Vulvokov (Lyonne), unha desenvolvedora de xogos que morre repetidamente e revive a mesma noite nun bucle temporal en curso e tenta resolvelo, o que leva a que atope a Alan Zaveri (Charlie Barnett) na mesma situación. Está protagonizado por Greta Lee, Yul Vazquez, Elizabeth Ashley e Chloë Sevigny.

A primeira tempada recibiu catro nomeamentos aos Premios Primetime Emmy. En xuño de 2019,a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 20 de abril de 2022.

Personaxes Natasha Lyonne como Nadia Vulvokov Brooke Timber como Nadia de moza Greta Lee cono Maxine Yul Vazquez como John Reyes Elizabeth Ashley como Ruth Brenner Kate Jennings Grant e Annie Murphy como Ruth de moza Charlie Barnett como Alan Zaveri Chloë Sevigny como Lenora Vulvokov

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix