Mary Lowe Good, nada en Grapevine, Texas o 20 de xuño de 1931 e finada en Little Rock o 20 de novembro de 2019,Newell Peacock, Leslie (20 de novembro de 2019). «Mary L. Good, 1931-2019». Arkansas Times (en inglés) (Little Rock (Arcansas)). foi unha química inorgánica estadounidense que fixo investigación industrial e traballou para o goberno do seu país .
Traxectoria Licenciouse na Universidade de Arcansas cunha licenciatura en economía doméstica e máis tarde licenciouse en química e física.Mujeres en Química: Nary L. Good Doutorouse en 1955 pola Universidade de Arcansas. En 1980 foi nomeada para o National Science Board da National Science Foundation (NSF) por Jimmy Carter e en 1986 foi nomeada para o cargo de novo por Ronald Reagan. George Bush nomeoua en 1991 como presidenta do Consello de Asesores en Ciencia e Tecnoloxía, sendo a primeira muller en dirixir ese órgano.
As súas áreas de investigación incluíron a radioquímica e a espectroscopia de raios gamma Mössbauer para determinar a estrutura molecular de compostos complexos de ións metálicos, en particular do elemento rutenio. Dedicou unha parte importante da súa carreira a impulsar actividades de I+D en universidades, empresas privadas e goberno.
Premios 1973- Medalla Garvan-Olin 1997- Medalla Priestley
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mary L. Good, química no blog Mujeres con ciencia. Páxina da Chemical Heritage Foundation sobre Mary L. Good.
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América