A antiga área agrícola de Kuk ou pantano de Kuk é un sitio arqueolóxico de Papúa-Nova Guinea que abrangue 116 hectáreas de zona húmida no val de Wahgi das terras altas a unha altitude duns 1550 m, a uns 12–13 km ao nordeste do monte Hagen, a capital da provincia das Terras Altas Occidentais, no sur da illa de Nova Guinea. Nesta zona, a agricultura praticouse dende hai sete a dez mil anos.
O pantano desenvolveuse nunha antiga conca lacustre, xa que enchíuse por un abano aluvial ou depósitos de material transportado pola auga. Atopáronse aquí evidencias arqueolóxicas de sistemas agrícolas de drenaxe primitivos, que comezaron hai uns 9.000 anos. Inclúe gabias de drenaxe de tres clases principais, que se utilizaron para converter a zona nun pasto antropoxénico. Cultivábase aquí o cultivo autóctono taro.
Ademais, atopáronse evidencias do cultivo de plátanos e cana de azucre, que se estima que comezaron hai 6.900-6.400 anos. O pantano de Kuk recoñeceuse 0 7 de xullo de 2008 como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, segundo a Unesco, "un dos lugares máis escasos do mundo en que os vestixios arqueolóxicos amosan un desenvolvemento independente da agricultura entre sete a dez milenios atrás".
Actualmente, o pobo kawelka, unha tribo de fala melpa, vive na zona do pantano de Kuk.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Golson, J., T.P. Denham, P.J. Hughes, P. Swadling and J. Muke (eds.) 2017. Ten Thousand Years of Cultivation at Kuk Swamp in the Highlands of Papua New Guinea. Terra Australis 46. Canberra: ANU E Press (available online) Bayliss-Smith, T, Golson, J, Hughes, P et al 2005, 'Archaeological evidence for the Ipomoean Revolution at Kuk swamp, upper Wahgi Valley, Papua New Guinea', in Chris Ballard, Paula Brown, R. Michael Bourke and Tracy Harwood (ed.), The Sweet Potato in Oceania: a reappraisal, Oceania Publications and University of Pittsburgh, Rosebery, NSW, Australia, pp. 109-120. Denham, T, Golson, J & Hughes, P 2004, 'Reading early agriculture at Kuk Swamp, Wahgi Valley, Papua New Guinea: the archaeological features (phases 1-3)', Proceedings of the Prehistoric Society, vol. 70, pp. 259-97. Muke, J. Mandui, H. Oct 2003. "In the shadows of Kuk: Evidence of prehistoric agriculture at Kana, Wahgi Valley, Papua New Guinea," Archaeology in Oceania. 38, 3, pp.177–185. Bayliss-Smith, T. Golson, J. April 1992. "A colocasian revolution in the New Guinea highlands? Insights from phase 4 at Kuk," Archaeology in Oceania. 27,1, pp.1–22.
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Papúa-Nova Guinea
Ligazóns externas National Geo article List Data
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Papúa-Nova Guinea Categoría:Sitios arqueolóxicos