Paz Juana Plácida Adela Zamudio Rivero, nada en Cochabamba en 11 de outubro de 1854 e finada na mesma cidade o 2 de xuño de 1928, foi unha escritora e pioneira do feminismo en Bolivia. Cultivou tanto a poesía como a narrativa.«Adela Zamudio: Precursora del feminismo en Bolivia» Pikara Magazine, 07.03.2014; acceso 07.03.2017

Traxectoria Foi filla de Adolfo Zamudio e Modesta Rivero e irmá de Mauro, Arturo e Amadís. Estudou na escola católica de San Alberto, na súa cidade natal, até terceiro de primaria, pois nese tempo era a máxima educación que se lles ofrecía ás mulleres, durante o goberno de Mariano Melgarejo. Con todo, malia as dificultades que existían para as mulleres durante a súa adolescencia, continuou instruíndose a través da lectura.

A finais do século XIX, despois de o Partido Liberal asumir o goberno, comezou a traballar como profesora na escola onde se formou. En 1905 foi directora da Escuela Fiscal de Señoritas.Lydia Parada de Brown. Adela Zamudio, precursora de las reformas feministas, El Diario, 01.11.2009; acceso 05.05.2012

Escribiu artigos para El Heraldo de Cochabamba en que desenvolvía os seus ideais progresistas, como a supresión do ensino relixioso. Tamén protestou contra a discriminación cara ás mulleres,Semblanza de Zamudo escrita por Karim Taylhardat, Centro Virtual Cervantes, 22.01.2001; acceso 05.05.2012 reflectida en obras coma o seu poema Nacer hombre:

Una mujer superior En elecciones no vota, Y vota el pillo peor; (Permitidme que me asombre) Con sólo saber firmar Puede votar un idiota, Porque es hombre.

Outras das súas coñecidas poesías son La ciega e Cuando estés con una mujer, que serviron de inspiración para as mulleres que foron quen de desafiar as regras da época. Velaquí algúns fragmentos delas.

La ciega

¡Ai! No gimas, señora por un ignorado bien y mientras el mundo llora busca en tu alma soñadora lo que tus ojos no ven.

Cuando estés con una mujer

Cuando estés con una mujer. Hazle el amor, no sólo tengas sexo. Dile que la amas, que estás loco por ella. No sólo la beses y entres de lleno. Besa su cuerpo entero, recorriendo sus rincones. Reconoce con tus labios lo que la ropa no deja ver.

O pensamento conservador predominante en sectores importantes da poboación boliviana non comprendeu o sentido destes versos (ou finxiu non comprendelos), e atribuíunos a algunha decepción amorosa. Porén, certamente a súa converteuse nunha vida de solteira longa e penosa, situación que reflicte o pseudónimo que usaba: Soledad. Tivo dificultades para falar de casamento civil, dunha profesión para a "parindera" do fogar, de reformas e de liberación feminina "nun ambiente estreito, infestado de beatas e prexuízos sociais". Con todo, Adela Zamudio "desafiou esta sociedade que non comprendeu as súas ideas revolucionarias en favor do seu sexo".Lydia Parada de Brown. Adela Zamudio, precursora de las reformas feministas, El Diario, 01.11.2009; acceso 05.05.2012 esquerda|miniatura|Adela Zamudio en 1900 En 1901 fundou unha academia de pintura en Cochabamba. En 1916 creou o Liceo de Señoritas, do cal foi a primeira directora. Cando deixou o cargo, o centro foi rebautizado co seu nome.Semblanza de Zamudo escrita por Karim Taylhardat, Centro Virtual Cervantes, 22.01.2001; acceso 05.05.2012

Comezou a publicar os seus versos en 1877 co pseudónimo Soidade, no xornal El Heraldo, e cultivou tamén a prosa.«Bibliografía de y sobre Adela Zamudio» en Blanca Wiethüchter. Hacia una historia crítica de la literatura en Bolivia, t. I, PIEB, La Paz, 2002, p. 277. Poden verse en liña fragmentos do libro, incluída a bibliografía. Escribiu unha novela epistolar, Íntimas, "en torno ao clero corrupto e a hipocrisía circundante"; e relatos como La inundación, Noche de fiesta, La reunión de ayer, El velo de la Purísima ou El diamante.Semblanza de Zamudo escrita por Karim Taylhardat, Centro Virtual Cervantes, 22.01.2001; acceso 05.05.2012

Lydia Parada de Brown considera que "esta escritora boliviana foi unha das máis grandes de América, pero lamentabelmente non acadou a fama de Gabriela Mistral nin de Juana de Ibarbourou".Lydia Parada de Brown. Adela Zamudio, precursora de las reformas feministas, El Diario, 01.11.2009; acceso 05.05.2012

O 28 de maio de 1926 o presidente Hernando Siles Reyes coroou en Cochabamba a Adela Zamudio e recoñeceuna como a máis elevada representante da cultura en Bolivia. O reitor da Universidade Maior de San Simón, Félix del Granado, afirmou nesa ocasión:

Nunha carta a Franz Tamayo, Adela Zamudio resume deste xeito a súa vida e cóntalle ao seu amigo un anaco da súa ascendencia.

Recoñecementos póstumos miniatura|Unha das últimas fotos de Adela, en 1926 miniatura|Monumento a Zamudio situado ao norte do Prado de Cochabamba miniatura|Tumba de Adela Zamudio no cemiterio xeral de Cochabamba Adela Zamudio finou na súa cidade natal o 2 de xuño de 1928. Na súa tumba no cemiterio xeral de Cochabamba figura o epitafio que ela mesma escribiu:

Vuelo a morar en ignorada estrella libre ya del suplicio de la vida, allá os espero; hasta seguir mi huella llloradme ausente pero no perdida.

Aos 52 anos do seu falecemento e en homenaxe ao seu nacemento, a presidenta Lidia Gueiler Tejada instituíu en 1980 o Día da Muller, que en Bolivia se celebra o 11 de outubro.

Na década de 1990 circulou un billete de cinco bolivianos coa imaxe de Zamudio.Adela Zamudio fue castigada por decir lo que hoy afirma el Papa Francisco , Nuevo Sur, 12.10.2013; acceso 11.11.2015

A Municipalidade de Cochabamba instituíu na súa honra o Premio de Cuento Adela Zamudio, que se outorga desde 2006.IX Concurso Adela Zamudio, Casa de la Cultura Cochabamba, 22.05.2015; acceso 11.11.2015

Obra Ensayos poéticos, imprenta Jacobo Peuser, Buenos Aires, 1887 Íntimas, novela ambientada en Cochabamba, editorial Velarde, A Paz, 1913. Plural, da Paz, publicouna a partir de 1999 en edicións preparadas por Leonardo García Pabón (fragmentos da obra en Google Books, edición de Plural, La Paz, 2007) Ráfagas, poesía, Librería Paul Olendorff, París, 1913

Obra póstuma Novelas cortas, 10 textos, que en realidade son contos;Santiago Espinoza A. Presentan libro que reúne los cuentos de Adela Zamudio, Opinión, 02.11.2013; acceso 11.11.2015 prólogo de Luis Taborga; editorial Juventud, La Paz, 1942 Peregrinando, poesía, editorial La Paz, La Paz, 1943 Cuentos breves, contén 7 cuentos, 7 composicións alegóricas e un conxunto de pensamentos; prólogo de Gustavo Adolfo Otero; editorial Juventud, La Paz, 1943 Rendón y Rondín, conto, con ilustracións de Eddy Viveros; Edicións ISLA, La Paz, 1976 Poesías, IPREBOL, La Paz, 1993 Poemas, Ministerio de la Cultura, Fundación Editorial el Perro y la Rana, Caracas, 2006 Cuentos, reúne os textos aparecidos anteriormente en Novelas cortas (1942) e Cuentos breves (1943). É unha compilación de todos os seus relatos; edición de Virginia Ayllón, Plural, La Paz, 2013

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Augusto Guzmán: Adela Zamudio. Biografía de una mujer ilustre. Editorial Mocidade, La Paz 1986 Luís H. Antezana J. e Virginia Ayllón. La ausencia de Adela Zamudio, libro multimedia, CESU de la Universidad Mayor de San Simón y Nuevo Milenio, 2012 Ligazóns externas Íntimas, Google Books, lectura en liña Virginia Ayllón. A propósito de los Cuentos de Adela Zamudio, fragmento do prólogo á publicación dos relatos reunidos de Zamudio, Cuentos (Plural, 2013), reproducido en Nueva Crónica, 07.10.2013 Poesías de Adela Zamudio, lectura en liña Billete de cinco bolivianos coa imaxe de Zamudio, 1998

Categoría:Feministas de Bolivia Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Finados en 1928 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Bolivia