1916 (MCMXVI) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro - Revolución en México; o político Venustiano Carranza chega co seu séquito a Querétaro, cidade que proclama capital da república. 21 de abril - Alzamento de Pascua en Irlanda, liderado por James Connolly, Éamon de Valera e Michael Collins. A pesar da derrota, constitúe un pulo decisivo para a loita do pobo irlandés pola independencia. 18 de maio - Fundación das Irmandades da Fala, na Coruña. 12 de outubro - 5 labregos foron abatidos a tiros por axentes da Garda Civil na ponte de Cans (Nebra), logo dunha mobilización contra un imposto que crían inxusto. 14 de novembro - Comeza a publicarse A Nosa Terra, nacida como voceiro das Irmandades da Fala. Deixou de publicarse en 1936. 21 de novembro: Fronte ás costas da canle de Kea afúndese a nave xemelga do RMS Titanic, o HMHS Britannic. Falecen 29 persoas. Na Arxentina, o presidente Hipólito Yrigoyen presenta o proxecto de nacionalización do petróleo. 15 de decembro - Na primeira guerra mundial Francia vence na batalla de Verdún. 28 de decembro - Fundación do coro galego Cántigas da Terra, na Coruña

Acontecementos de maior duración Primeira guerra mundial (1914-1918) Xenocidio armenio (1915-1918) Holocausto helénico (1914-1922)

Nacementos 1 de xaneiro - Alfonso Escámez, banqueiro español. 2 de xaneiro - Betty Furness, actriz estadounidense. 10 de xaneiro - Bernard Bilin Dadié, escritor e político marfilés. 12 de xaneiro - Pieter Willem Botha, presidente sul-africano durante o apartheid (m. 2006). 12 de xaneiro - Miguel González Garcés, poeta galego. 4 de marzo - Giorgio Bassani, escritor italiano. 9 de abril - Abdul-Ahad Raban, relixioso caldeo, bispo de Aqra. 9 de abril - Manuel Lueiro Rey, xornalista e escritor galego.(m.1990) 15 de marzo - Blas de Otero, poeta español. 21 de abril - Xosé Velo, político galego. 11 de maio - Camilo José Cela, en Iria Flavia, Padrón, escritor español e Premio Nobel de Literatura (m. 2002) 10 de xullo - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (m. 2003). 10 de agosto - Lorenzo Varela, escritor galego. 11 de agosto - Amparo Alvajar, xornalista, tradutora e escritora galega. (m. 1998). 16 de agosto - Francisco Bernis Madrazo, ornitólogo e biólogo español (m. 2003) 28 de agosto - Charles Wright Mills, sociólogo estadounidense (m. 1962). 13 de setembro - Roald Dahl, escritor británico de ascendencia norueguesa. 29 de setembro - Antonio Buero Vallejo, dramaturgo español. 26 de outubro - François Mitterrand, estadista francés. 8 de novembro - Peter Weiss, escritor alemán. 9 de decembro - Kirk Douglas, actor norteamericano. 23 de decembro - Dino Risi, director de cine italiano (m. 2008).

Mortes 6 de febreiro - Rubén Darío, poeta nicaraguano. 20 de febreiro - Klas Pontus Arnoldson, político, periodista e pacifista sueco, premio Nobel da Paz en 1908. 28 de febreiro - Henry James, escritor estadounidense, naturalizado inglés.

8 de abril - Francisco Mañach, comerciantem xornalista e escritor galego (n. 1861).

26 de abril - Mário de Sá-Carneiro, escritor portugués.

28 de abril - Gumersindo Pardo Reguera, pintor e farmacéutico (n. 1847) 12 de maio - James Connolly, líder socialista irlandés. 20 de maio - José Salgado Rodríguez, avogado, empresario e político galego. 6 de xullo - Odilon Redon, pintor e artista gráfico francés (n. 1840). 16 de xullo - Ilya Ilyich Mechnikov, microbiólogo ruso, premio Nobel de Medicina en 1908. 23 de xullo - Sir William Ramsay, químico británico, premio Nobel de Química en 1904. 24 de xullo - Wenceslao Veiga Gadea, xornalista e escritor galego (n. 1853).

23 de agosto - Serafín Avendaño Martínez, pintor galego.

14 de setembro - José Echegaray, enxeñeiro, dramaturgo e político español, premio Nobel de Literatura en 1904.

20 de setembro - August Leskien, lingüista alemán (n. 1840). 30 de setembro - Alfredo Vicenti, xornalista e político galego. (n. 1850). 15 de novembro - Henryk Sienkiewicz, escritor polaco, premio Nobel de Literatura en 1905. 21 de novembro - Francisco Xosé I, Emperador de Austria e Rei de Hungría. 22 de novembro - Jack London, escritor estadounidense.

Premios Nobel Física: Non concedido Química: Non concedido Fisioloxía ou Medicina: Non concedido Literatura: Verner von Heidenstam Paz: Non concedido

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:1916