Maria Edgeworth, nada en Black Bourton, Oxfordshire (Inglaterra) o 1 de xaneiro de 1768 e finada en Edgeworthstown, Longford (Irlanda) o 22 de maio de 1849, foi unha escritora anglo-irlandesa. Foi unha das primeiras autoras realistas de literatura infantil e unha figura relevante na evolución da novela europea. Sostivo ideas críticas sobre a xestión de propiedades, a política ou a educación, e mantivo correspondencia con algúns dos principais literatos e economistas do seu tempo, como Walter Scott ou David Ricardo. Durante a primeira década do século XIX, foi unha das novelistas máis lidas de Inglaterra e Irlanda. O seu nome asóciase na actualidade coa súa primeira novela, O castelo Rackrent (1800), na que adoptou unha perspectiva católico-irlandesa para narrar o declive dunha familia de terratenentes anglo-irlandeses.

Obra Letters for Literary Ladies, 1795 The Parent's Assistant, 1796 Practical Education, 1798 (escrito conxuntamente co pai) O castelo RackrentPublicada pola Editorial Hugin e Munin en 2022. (orix. Castle Rackrent), 1800 Early Lessons, 1801 Belinda, 1801 Essay on Irish Bulls, 1802 (escrito conxuntamente co pai) Popular Tales, 1804 The Modern Griselda, 1804 Moral Tales for Young People, 1805 Leonora, 1806Traducida ao galego por Carmen María Fernández Rodríguez e publicada por Rinoceronte editora en 2021. Tales of Fashionable Life, 1809 Ennui, 1809 The Absentee, 1812 Patronage, 1814 Harrington, a tale, 1817 Ormond, a tale 1817 Comic Dramas, 1817 Memoirs, 1820 Early Lessons, 1822 Helen, 1834

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil na Universidade de Adelaide.

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Oxfordshire Categoría:Nados en 1768 Categoría:Finados en 1849 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores de Irlanda