Nemanja Nenadić (en serbio: Немања Ненадић), nado o 2 de xaneiro de 1994 en Vršac, é un xogador serbio de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella) de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de ala.
Traxectoria Nado en Belgrado, Nenadić medrou no barrio de Barajevo, onde comezou a xogar ao baloncesto. Máis tarde pasou formar parte das categorías inferiores do Cerak e do Slodes, onde debutou na terceira división serbia. En 2014 mudou a Tamiš, onde debutou na máxima categoría do país. Con todo, debido á falta de oportunidades, a metade de temporada foi transferido ao Mladost Zemun, naquela altura equipo da segunda división.
Na temporada 2015−16 comeza a temporada no KK Pirot da segunda división, onde fai unha media de 15,9 puntos e 4 rebotes por partido. Debido ao seu gran rendemento, en xaneiro de 2016 asina polo Vojvodina Srbijagas da primeira división. Na temporada 2016−17 ficha polo OKK Dunav, equipo co que consegue gañar a primeira Copa de Serbia da historia do club. Ese ano fixo unha media de 12,7 puntos e 6,2 rebotes por partido en liga, co seu equipo finalizando en quinto lugar.
O 5 de agosto de 2017 acordou unha contrato por tres anos co KK FMP. Co equipo belgradino chegou á final da Superliga de Serbia, onde anotou unha media de 16 puntos por partido, sendo así o segundo máximo anotador da máxima categoría do baloncesto serbio. O seu gran rendemento produciu que, o 14 de setembro de 2018, asinase un contrato de tres anos co KK Crvena zvezda (Estrela Vermella) da Euroliga. Co equipo albivermello gañou a Liga do Adriático (ABA Liga), a Supercopa da Liga do Adriático e a Superliga de Serbia. Na temporada 2019−20 comezou co Crvena zvezda, mais a súa falta de minutos levouno a ser cedido o 19 de decembro de 2019 ao Mega Mozzart. O 21 de xullo de 2020, regresou ao FMP, onde promediou na Liga do Adriático case 17 puntos e 5 rebotes por encontro. Após acabar a temporada, asinou polo Zastal Zielona Góra polaco, onde volve a destacar tanto na VTB, 16,6 puntos, 3,8 rebotes e 4,3 asistencias por encontro, como na PLK, 14,8 puntos, 5,0 rebotes e 5,0 asistencias por encontro no equipo subcampión. O 23 de xuñode 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB. A nivel internacional cómpre destacar a súa participación coa selección serbia na Universiada de 2017.
Clubs Ao longo da súa carreira, Nenadić ten xogado para os seguintes equipos profesionais: KK Slodes (3ª División, 2012–2014) KK Tamiš (KLS, 2014−2015) Mladost Zemun (KLS B, 2015) KK Pirot (KLS B, 2015−2016) Vojvodina Srbijagas (KLS, 2016) OKK Dunav (KLS, 2016−2017) FMP Meridian (ABA / KLS, 2017−2018) KK Crvena zvezda (Euroliga / ABA, 2018−2019) Mega Mozzart (ABA, 2019−2020) FMP Meridian (ABA / KLS, 2020−2021) Zastal Zielona Góra (VTB / PLK, 2021−2022) CB Breogán (ACB, 2022− )
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroliga Perfil en Proballers
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Slodes Categoría:Xogadores do KK Tamiš Categoría:Xogadores do KK Mladost Zemun Categoría:Xogadores do KK Pirot Categoría:Xogadores do KK Vojvodina Srbijagas Categoría:Xogadores do OKK Dunav Categoría:Xogadores do KK FMP Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do KK Mega Basket Categoría:Xogadores do Basket Zielona Góra Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán