Mendo de Gundar, tamén escrito Dom Mem Gundar, nado en Oviedo, en Asturias, daquela na coroa de Galiza-León, e finado en Telões, Portugal foi un cabaleiro e fidalgo do século XII.

Traxectoria Chegou a Portugal co conde Henrique de Borgoña, ao servizo da súa muller Tareixa de León. Foi señor de Gondar (Amarante, Portugal, ao que deu nome; na Galiza actual o apelido Gondar está vinculado a varios lugares) e de São Salvador de Lafões, alcalde de Celorico de Basto e fundador do mosteiro de Gondar. Morreu no concello de Gestaçô, sendo enterrado en Telões.

Relacións familiares Casou no reino de Galicia con Goda, coa que tivo seis fillos:

Fernão Mendes de Gundar, "o Menino", que casou con María Anes. Lourenço Mendes de Gundar, que casou con Elvira Ourigues. Egas Mendes de Gundar, casada con Maior Pais Pinto. Estevainha Mendes de Gundar, casada con Pero Mendes de Aguiar. Loba Mendes, casada con Diogo Bravo. Urraca Mendes, casada con Alvite Guedaz.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Felgueiras Gayo Carvalhos de Basto, Nobiliário das Famílias de Portugal, 2ª Ed., Braga, 1989, vol. I páx. 223 (Alcoforados).

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados no século XII