José Luis Sierra Cabrera, nado en Santiago de Chile o 24 de xuño de 1997, é un futbolista chileno que xoga como dianteiro na Unión Española, da Primeira División de Chile.

É fillo do exfutbolista e adestrador José Luis Sierra Pando.

Traxectoria Formouse como futbolista no Unión Española, club do que seu pai, José Luis Sierra Pando, é un dos maiores ídolos. Debutou co primeiro equipo aos 17 anos, no Torneo Apertura de 2014, nun partido ante o Cobresal no Salvador, no que seu pai, por aquel entón adestrador do equipo, lle deu entrada nos minutos finais. Ese mesmo ano viaxou a Italia para probar co Inter de Milán, pero acabou regresando ao seu país. Militou no Unión Española durante os seguintes cinco anos, aínda que con pouca participación.

En outubro de 2020, despois dun breve paso polo Bisceglie italiano, da Serie C, foi anunciado como novo reforzo do Deportes Temuco, da Primeira B de Chile, onde tampouco dispuxo apenas de minutos.

A continuación pasou polo Deportes Colina, antes de regresar en 2022 á Unión Española.

Selección chilena Foi convocado por Hugo Tocalli para disputar o Campionato Suramericano sub-20 de 2015 no Uruguai, no que xogou dous partidos, caendo eliminado na primeira fase.

Repetiu convocatoria no Suramericano sub-20 de 2017, no que xogou tres partidos, marcando un gol, e quedou de novo eliminados na primeira fase.

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1997 Categoría:Chilenos de ascendencia galega Categoría:Chilenos de ascendencia española Categoría:Futbolistas de Chile Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Unión Española Categoría:Xogadores do Deportivo Temuco