O Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo é unha área protexida transfronteiriza de 35 000 km² en proceso de creación. Unirá o Parque Nacional do Limpopo (anteriormente coñecido como Coutada 16) en Mozambique, o Parque Nacional Kruger en Suráfrica, o Parque Nacional de Gonarezhou, o Santuario de Manjinji e a Zona de safari de Malipati en Zimbabwe, así como a zona entre Kruger e Gonarezhou, a terra comunal de Sengwe en Zimbabwe e a rexión de Makuleke en Suráfrica.
Fauna O parque acolle unha ampla gama de vida silvestre, destacando o elefante, o rinoceronte branco, a xirafa de Suráfrica, o ñu azul, o leopardo africano, o león, o guepardo, a mangosta raiada e a hiena pinta.
Dende 2005, a área está considerada como unha Unidade de Conservación do León.IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. IUCN, Pretoria, Suráfica.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Parques nacionais de Suráfrica Categoría:Parques nacionais de Mozambique Categoría:Parques nacionais de Zimbabwe