A Reserva de Caza do Kalahari Central é un extenso parque nacional que se atopa no deserto do Kalahari de Botswana. Establecido no ano 1961, ten unha superficie de 52 800 quilómetros cadrados. Isto é máis que a superficie dos Países Baixos e representa case o 10% da superficie total de Botswana, o que a converte na segunda reserva de caza meirande do mundo.

Historia 300px|miniatura|dereita|Myrmecocichla formicivora. O pobo san habitou as terras da reserva dende hai miles de anos cun estilo de vida de cazadores nómades. Non obstante, dende mediados da década de 1990, o goberno de Botswana intentou expulsar o pobo san da reserva, afirmando que eran unha fuga de recursos financeiros a pesar dos ingresos do turismo. En 1997, tres cuartas partes de toda a poboación san foi trasladada da reserva e, en outubro de 2005, o goberno comezou novamente a movelos aos campos fóra do parque, deixando só uns 250 ocupantes permanentes. En 2006, un tribunal de Botswana proclamou ilegal o desaloxamento e reafirmou o dereito dos san para volver á reserva. Así e todo, a partir do 2015, a maioría deles aínda tiñan bloqueado o acceso ás súas terras tradicionais na reserva. A prohibición nacional de caza fixo ilegal que seguisen practicando o seu estilo tradicional de vida como cazadores recolectores, aínda que si permite que se organicen partidas de caza privadas para os turistas.

A mediados de setembro de 2008, un enorme lume queimou arredor do 80% da reserva (principalmente matogueiras). Descoñécese a orixe dese lume. En 2014 abriuse unha mina de diamantes explotada por Gem Diamonds na parte sueste da reserva. A compañía estimou que a mina podería producir diamantes por valor de 4 900 millóns de dólares.

Fauna salvaxe Este parque é o fogar de numerosas especies animais como a xirafa, o elefante, o rinoceronte branco, o búfalo africano, a hiena pinta, a hiena parda, o ratel, a suricata, mangosta amarela, o Phacochoerus africanus, o guepardo, o caracal, o licaón, o raposo orelludo, o chacal de lombo negro, o raposo do Cabo, o leopardo, o león, o ñu azul, a cebra, o Taurotragus oryx, o Hippotragus niger, o Oryx gazella, a Antidorcas marsupialis, o Raphicerus campestris, o impala, o cudú maior, o porco formigueiro, o esquío terrestre do Cabo, a lebre do Cabo, porco espiño do Cabo, o Papio ursinus, o alcélafo caama e a avestruz. O terreo é maioritariamente chan e ondulado, cuberto de matogueiras e herbas que cobren as dunas de area e zonas de árbores máis grandes. Moitos dos vales dos ríos están fosilizados con salinas. Catro ríos discorren a través da reserva, incluíndo o Deception Valley, que comezou a formarse hai uns 16 000 anys.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Williams A. Adams, John Hutton: People, Parks and Poverty: Political Ecology and Biodiversity Conservation. Conservation and Society, 2005. Manuela Zips-Mairitsch: Lost Lands? (Land) Rights of the San in Botswana and the legal concept of indigeneity in Africa . IWGIA/LIT, 2013, ISBN 978-87-92786-35-7.

Categoría:Parques nacionais de Botswana