Alexandre o etolo (latín Alexander Etolus, grego antigo Ἀλέξανδρος ὁ Αἰτωλός) foi un poeta e escritor grego, o único representante coñecido da poesía etolia.

Traxectoria

Era fillo de Sátiro e Estratoclea, e naceu en Pleuron en Etolia, aínda que pasou gran parte da súa vida en Alexandría, onde foi considerado un dos sete poetas tráxicos que conformaron as Pléiade tráxica.Suídas, s. v.Eudocia p. 62Pausanias, Descrición de Grecia II. 22. § 7escoliasta, a Hom Il. XVI. 233 Floreceu ao redor do -280, durante o reinado de Ptolomeo II Filadelfo. O rei encargoulle de recoller todas as traxedias e dramas satíricos existentes, e deulle un despacho na Biblioteca de Alexandría. Pasou un tempo con Antágoras de Rodas e Arato na corte de Antígono II Gonatas.

Obras A pesar da súa distinción como poeta tráxico, parece que o consideraban mellor escritor de poemas épicos, elexías, epigramas e cynaedi. Entre os seus poemas épicos atopamos os títulos e algúns fragmentos de tres pezas: O pescador (ἁλιεὺς, Ateneo de Naucratis, 7.296), Kirka ou Krika (tamén citado por Ateneo, 7.283), que, porén, di que é dubidoso, e Helena (Bekker, Anecd. páx. 96.).

Das súas elexías aínda quedan algúns fermosos fragmentos, conservados por Ateneo (4.170, XI. páx. 496, xv. páx. 899), Estrabón (XII. páx. 556, XIV. páx. 681) Partenio de Nicea (Erotica 4 Xoán Tzetzes Ad Lycophr. 266). Os seus Cynaedi, ou Ἰωνικὰ ποιήματα ("ioniká poiémata" 'poemas xónicos'), son mencionados por Estrabón e Ateneo. Aulo Xelio conserva algúns versos anapestos en loanza de Eurípides.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Meineke, Analecta Alexandrina (1843). Bergk, Poetae Lyrici Graeci Auguste Couat, La Poésie alexandrine (1882).

categoría:Escritores en lingua grega antiga categoría:Nados no século -IV categoría:Finados no século -III