Enma Rosa González Bermello, nada en Ourense o 21 de setembro de 1931 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2014,. foi unha política galega.
Traxectoria Pertencente a unha familia de pequenos empresarios e comerciantes do sector dos electrodomésticos, Enma González Bermello trasladouse a vivir a Vigo aos 3 anos. Nos últimos anos do franquismo escollérona concelleira nesa cidade polo terzo familiar, onde se ocupou de parques e xardíns. En xaneiro de 1976, e como consecuencia do cambio de réxime, prodúcese unha renovación das alcaldías: os alcaldes designados polo gobernador civil dimitían e uns días despois volvían ser elixidos polo conxunto da corporación. Nesa situación, Enma González Bermello foi a primeira alcaldesa dunha cidade de Galicia, en substitución de Joaquín García Picher, aínda que fose unicamente durante dúas semanas, do 15 ao 25 de xaneiro de 1976.
En 1978, trala dimisión de Joaquín García Picher, e antes das primeiras eleccións municipais democráticas, foi elixida alcaldesa entre os demais concelleiros. Volveu de novo a ocupar o asento de alcaldesa, poucos meses antes do que o fixese Berta Tapia na Coruña. Durante ese tempo a crispación política no concello de Vigo fora moi importante: sete concelleiros (un terzo da corporación), e viviuse unha folga de funcionarios municipais. González Bermello mantívose no cargo até as eleccións de 1979.
Nas primeiras eleccións galegas, Enma González concorreu na lista da UCD pola provincia de Pontevedra, e saíu elixida deputada. Foi unha das tres primeiras parlamentarias galegas canda Carmen Lovelle e Flora Veiga, e xurou o seu cargo vestida de traxe tradicional. Na segunda lexislatura foi reelixida, neste caso nas listas de Alianza Popular, mais en 1987 múdase a Coalición Galega. En 1989 abandonaría a vida política.
Vida persoal Apartada da vida política, padeceu de alzheimer, morreu en 2014 aos 82 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Vigo
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por UCD Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por CG Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia