Moutier (antigo nome en alemán, Münster) é unha comuna suíza do cantón de Berna, situado no distrito administrativo do Xura bernés.

En 2021, os cidadáns de Moutier deciden unirse ao cantón de Xura, mais este cambio non debería entrar en vigor antes do 2026.

Xeografía Moutier está situado no centro do arco do Xura entre as cidades de Biel/Bienne e Delémont. A cidade atópase na intersección dun sinclinal (Petit-Val e Grandval) e de dúas cluses (Canóns de Court e Canóns de Moutier). O punto máis alto da comuna culmina a 1270 m, no Graiteri. Os outros puntos altos localízanse a 1037 m e a 1000 m no Monte Girod e no Monte Raimeux respectivamente. A comuna abrangue unha superficie de 1958 hectáreas.

O río Birs que atravesa Grandval de sur a norte, perpendicularmente á cordilleira do Xura, forma importantes canóns río arriba (Canóns de Court a través dos anticlinais de Graiteri) e río abaixo de Moutier (Canóns de Moutier a través dos anticlinais do Monte Raimeux). Estes canóns están recoñecidos como un lugar xeolóxico de importancia europea, mentres que o bosque de Raimeux é considerado polas autoridades do cantón de Berna como unha reserva natural a protexer.

Moutier forma parte da rexión turística Jura & Trois-Lacs, que comprende os arredores da cordilleira do Xura e dos lagos de Neuchâtel, Biel/Bienne e Morat.

Historia

Historial do territorio miniatura| Foto aérea tomada por Walter Mittelholzer a 400 m de altitude en 1931.

Do -27 ao 286: Imperio Romano Do 286 ao 411: Imperio Romano de Occidente Do 411 ao 534: Reino burgundio Do 534 ao 843: Reino de Borgoña Do 843 ao 888: Francia Media Do 888 ao 999: Reino da Alta Borgoña De 999 a 1792: Principado episcopal de Basilea De 1792 a 1793: República Rauraciana De 1793 a 1800: Francia (Departamento de Mont-Terrible) De 1800 a 1815: Francia (Departamento do Alto Rin) Dende 1815: Suíza (cantón de Berna)

Categoría:Cidades de Suíza Categoría:Localidades de Suíza Categoría:Cantón de Berna Categoría:Comunas de Suíza