nada o 24 de xullo de 1964 en Tokyo, é o pseudónimo de , unha novelista xaponesa contemporánea.

Traxectoria É filla de Takaaki Yoshimoto (coñecido tamén como Ryumei Yoshimoto, respectado e influente filósofo na década de 1960) e a súa irmá, Haruno Yoiko, é unha afamada mangaka no Xapón.

O seu amor pola natureza inflúe no seu nome artístico: ama as flores vermellas e carnosas do bananeiro, do que extraeu o pseudónimo co que se lle coñece no mundo: Banana.

A súa novela debut, Kitchen (1988), conseguiu un éxito inmediato tras a súa publicación, o que lle valeu máis de sesenta edicións só no Xapón.

Existen dúas películas baseadas na obra, unha delas un filme para a televisión xaponesa e a versión cinematográfica producida en Hong Kong en 1997, que tivo unha maior comercialización. Esta novela escribiuna cando aínda estaba a estudar na Universidade de Nihon, e con ela gañou o premio Newcomer Writers Prize en 1987, e o Izumi Kyoka en 1989.

A súa obra fórmana ademais as novelas N.P. (1992), Sueño Profundo (1994), Tsugumi (1994), Lucertola (1995), Amrita (1997), Sly (1998), La última amante de Hachiko (1999), Honeymoon (2000), H.H. (2001), La pequeña sombra (2002), Presagio triste (2003), El lago (2011), Recuerdos de un Callejón Sin Salida (2011). Ademais de novelas, Banana Yoshimoto escribiu varias recompilacións de ensaios, entre os que se atopan Songs From Banana Note (1991) e Yume ni tsuite (1994).

Os críticos valoran que moitas das súas obras son comerciais e superficiais, pola contra, os seus seguidores, moi numerosos, opinan que captura perfectamente o significado da frustrante vida dos mozos xaponeses de hoxe. As súas novelas sempre están impregnadas de moitos valores da ideoloxía xaponesa.

Obra traducida Kitchen, traducido por Mona Imai ao galego. Ademais, parte da súa obra foi traducida ao castelán polo carballiñés Gabriel Álvarez Martínez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Banana Yoshimoto (en xaponés) Análise da súa obra Recuerdos de un callejón sin salida El Portal de la Rosa de los Vientos Artigo na Revista Viceversa sobre a tradución ao galego

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Escritores en lingua xaponesa