María Blanca Chancoso Sánchez, nada en Cotacachi, 1955, é unha dirixente indíxena ecuatoriana de nacionalidade kichwa-otavalo. Formou parte da fundación da Confederación dos Pobos de Nacionalidade Kichua de Ecuador (Ecuarunari) e da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie). Á súa vez escribiu sobre o Sumak kawsay ou bo vivir, salientando o seu artigo “Sumak Kawsay desde la visión de la mujer”.
Traxectoria Blanca Chancosa naceu en Cotacachi, unha cidade da provincia ecuatoriana de Imbabura, no seo dunha familia que proviña do campo. Fixo os seus estudos secundarios nun colexio rural, onde obtivo o seu bacharelato en ciencias da educación. Como educadora dedicouse a organizar ás comunidades da súa rexión.
Obtivo influencia dentro das comunidades indíxenas en 1974, cando organizou a Federación de Indíxenas e Campesiños de Imbabura. En 1980 estivo á fronte das actividades nun momento onde os indíxenas reivindicaban o estabelecemento da educación bilingüe e o recoñecemento da plurinacionalidade.
Xa dende 1972 formara parte da fundación da Confederación dos Pobos de Nacionalidade Kichua de Ecuador (Ecuarunari) onde foi parte do seu Consello Político. En 1986, estivo na Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) á que se integrou a ECUARUNARI. Dende o 15 de maio de 2016 é a vicepresidenta da ECUARUNARI.
Obra Publicado orixinalmente en 2010 en América Latina en Movimiento. Alternativas Civilizatorias: los viejos nuevos sentidos de humanidad, 453: 6-9
Notas
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Políticos de Pachakutik Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Activistas de Ecuador