Ana Legido Soto, nada en Ourense o 21 de marzo de 1939 e finada en Sabarís o 9 de xullo de 2012, foi unha pintora galega.
Traxectoria Filla de Alfonso Legido e Eva Soto, estudou no Colexio Cisneros e máis tarde Maxisterio en Ourense, logo de non ser posible o ingreso na Academia de Belas Artes de San Fernando por cuestións económicas. Casou en 1960 con Fernando Quesada e a partir de aí trasladouse con el primeiro a Zamora e en 1961 a Vigo. O fogar do matrimonio en Vigo (primeiro en Mantelas, logo en Pizarro, máis tarde na avenida das Camelias) deu acubillo a un variado grupo de artistas ourensáns.
A pintura de Ana Legido ten un estilo particular que se achega e ás veces mesmo se categoriza como arte naïf. Participou en exposicións individuais e colectivas en Galicia, resto de España, Italia, Francia e Portugal. Algunhas das súas obras forman parte das coleccións e museos de España, Italia, Portugal e Francia.
E nai dos artistas Fernando, Marieta, Bibi, Poti, David e Yayo Quesada Legido.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Xaime Quessada Fernando Quesada Ligazóns externas
Listaxe de bibliografía relacionada pintoresgallegos.com
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Arte naíf Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes