José López Martínez, coñecido como Rabadelo, nado na Pontenova cara a 1882 e finado en Lugo o 3 de decembro de 1936, foi un xornaleiro, xornalista e político galego.
Traxectoria Militante socialista e masón, dirixente da Sociedad de Obreros del Ramo de la Construcción y Oficios Varios de Viveiro adscrita á UGT.Vanguardia Gallega, 17-8-1932, p. 2. Sucedeu a Benito Sánchez López na dirección de El Momento de Viveiro. En 1936 era presidente da Agrupación Socialista de Viveiro.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de agosto e trasladado ao cárcere de Lugo. Encartado na causa 212/26 por "mandar un grupo de marxistas armados o 21 de xullo" con Emilio Timiraos Cervo, José Castro Vázquez e Manuel Rodríguez.BOP Lugo, 31-8-1936, p. 3. Enfermo de tuberculose, foi trasladado ao Hospital o 8 de novembro, onde faleceu o 3 de decembro. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1882
Categoría:Finados en 1936 Categoría:Finados por tuberculose