O Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU é un organismo asesor da Organización das Nacións Unidas (ONU) obre cuestións relativas aos pobos indíxenas e os seus dereitos. No mundo hai máis de 370 millóns de persoas indíxenas (tamén coñecidas como nativas, orixinais, aborixes e primeiros pobos) nuns 70 países.

O foro foi creado en 2000 como resultado do Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo da ONU en 1993, dentro da primeira Década Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo (1995–2004). É un órgano consultivo no marco do Sistema das Nacións Unidas que informa ao Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC). miniatura|dereita|260px|Maria Eugenia Choque Quispe, un membro do Foro Permanente das Nacións Unidas sobre Asuntos Indíxenas, fala na sesión do organismo en 2015. miniatura|dereita|260px|Brenda White Bull, descendente de Touro Sentado, fala na ONU sobre a loita contra o Dakota Access e a violencia do estado, o 25 de abril de 2017.

Historia O 18 de decembro de 1990 aprobouse a Resolución 45/164 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pola que se proclamaba que 1993 sería o Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo, “coa finalidade de fortalecer a cooperación internacional para a solución dos problemas aos que se enfrontan as comunidades indíxenas nas zonas, como os dereitos humanos, o medio ambiente, o desenvolvemento, a educación e a saúde". A celebración do ano comezou en Australia polo discurso de Redfern do primeiro ministro Paul Keating o 10 de decembro de 1992, no que abordaba as desvantaxes ás que se enfrontan os indíxenas australianos (aborixes e insulares do estreito de Torres).

A creación do foro permanente foi discutida na Conferencia Mundial de Dereitos Humanos de 1993 en Viena, Austria. A Declaración e Programa de Acción de Viena recomendaban que ese foro se establecese dentro do primeiro Decenio Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo das Nacións Unidas.

Constituíuse un grupo de traballo e tiveron lugar outras reunións que levaron á creación do foro permanente por parte do Consello Económico e Social, Resolución 2000/22 do 28 de xullo de 2000.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Partnering with Indigenous Peoples: Experiences and Practices Statements during the 2006 Permanent Forum on Indigenous Issues History of the United Nations Permanent Forum on Indigenous Issues (2006) State of The World's Indigenous Peoples - UN report, First Issue, 2009 Inter-Agency Support Group on Indigenous Issues (IASG) (2006) Awareness raising film by Rebecca Sommer for the Secretariat of the UNPFII, 2006

Categoría:Pobos indíxenas Categoría:ONU