José Manuel Fontán Mondragón, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de febreiro do 2000, é un futbolista galego. Xoga coma defensa no Go Ahead Eagles, equipo da Eredivisie, a primeira división neerlandesa. Está cedido a este club polo Real Club Celta de Vigo, ao que pertence.

Traxectoria Fillo do futbolista Javier Fontán Santos, comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo Javi no San Miguel de Deiro, club da parroquia homónima do que o seu tío Venerando era o presidente. Máis tarde ingresaron na canteira do Arousa, club no que militara seu pai durante anos. No verán de 2011 ficharon polo Celta de Vigo, despois de destacar nun torneo en Pontevedra no que chamaron a atención de Toni Otero.

Na tempada 2018-19 debutou no Celta B. O seu primeiro partido foi o 14 de outubro de 2018, ao substituír a Diego Alende nun encontro fronte ao Atlético de Madrid B.

O 23 de xaneiro de 2020, Fontán debutou co primeiro equipo no partido da Copa do Rei que terminou con derrota por 1 a 2 fronte ao CD Mirandés. En liga xogou o seu primeiro partido como titular o 1 de outubro de 2020 na derrota por 0 a 3 fronte ao FC Barcelona.

O 27 de xullo de 2021 renovou ata 2026 co Celta de Vigo e consolidou a súa ficha no primeiro equipo.

O 18 de xuño de 2022, firmou en cualidade de cedido co Go Ahead Eagles da Eredivisie durante unha tempada.

Estatísticas Clubs 20px Actualizado co último partido disputado o .

Club Div. Tempada Liga Copa Internacional Total Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles |Celta de Vigo B 2.ª B 2018-19 8 0 ― ―80 2019-20 22 0 ― ―220 Total club 30 0 ― ― 30 0 Celta de Vigo 1.ª 2019-20 0 0 1 0 ―241 2020-21 14 0 2 0 ―160 2021-22 9 0 3 2 ―122 Total club 23 0 6 2 ― 29 2 Go Ahead Eagles 1.ª 2022-23 0 0 0 0 ― 00 Total club 0 0 ― ― 0 0 Total carreira 53 0 6 2 ― 59 2

Notas

Véxase tamén Outros artigos Celta de Vigo Fortuna

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Go Ahead Eagles