Loren Wilber Acton, nado en Lewiston, Montana, o 7 de marzo de 1936, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-51-F.

Traxectoria Acton graduouse en ciencias pola Universidade do Estado de Montana en 1959 e ten un doutoramento pola Universidade de Colorado en 1965.

Foi seleccionado pola NASA para participar na misión STS-51-F como especialista de carga, pasando un total de 7,95 días no espazo. A súa función foi manexar os intrumentos do laboratorio Spacelab 2 para estudar o Sol e outros corpos celestes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-F

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Montana